30 abril 2009

BICICLETAS ELÉCTRICAS

Catuxa Magariños
Chamamos electrobicis, ás bicicletas que estén dotadas dun sistema eléctrico de axuda ao pedaleo.

Unha bicicleta eléctrica pode circular polo carril das bicicletas, evita os atascos e o riesgo de accidentes, ten un fácil aparcamento, e ademáis é barato (coste eléctrico de 1€/100 km). Presenta o mesmo aspecto cunha bicicleta tradicional, o que pasa é que ten un pequeño motor no eixe traseiro, que só funciona cando se pedalea, e que se alimenta a partir dunha batería.
Este motor permítenos percorrer medias ou longas distancias sen realizar a penas esforzo.
Pódese ir ao traballo sen sudar, podes circulas polos carrís das bicicletas, non necesitan permiso de conducir nin seguro, e se queremos facer deporte, só temos que esixir un puco máis.
Unha bicicleta destas pode acadar os 25 km/h cunha potencia de ata 250 vatios.ten un sistema de seguridade que se deixas de darlle aos pedais ou te pasas desa velocidade, o motor pararase, isto chámaselle dirección asistida.
O peso dos modelos actuais e a aparición no mercado das baterías de litio (que son máis lixeiras e duran máis) permitiron a aparición das e-bikes
plegables.

Partes dunha bicicleta eléctrica:
Son moi parecidas ás bicicletas convencionais, o que pasa é que nestas, a parte de ter un cuadro rógido, rodas de sección de cómo mínimo 1.5 pulgadas e ás veces unha suspensión por cuestións de seguridade, éstas levan sempre un pedalier clásico e un cambio de marchas para pedalear normalmente engadindo a forza do motor ao do pedaleo. O tipo de motorización depende do modelo e do constructor. A potencia dos seus motores varía entre 160 e 250 vatios. Os modelos recentes, teñen un motor situado no eixe da roda motriz, xeralmente a roda traseira. Inclúe, xeralmente, un rotor de imán de escobillas sin frotamento que é polo tanto máis fiable.O seu accesorio esencial é a batería. As capacidades varían entre 5 e 12 amperios/hora e as tensións de 24 a 36 V. Existen as clásicas baterías, pero a moderna tecnoloxía do del níquel-metalhidruro, aporta mellares prestacións, sobre todo en canto á ligereza e o número de ciclos de carga. Algúns constructores, utilizan un dispositivo recuperador, que recarga a batería ao frear e nas costas.

¿Qué relación ten cos vehículos híbridos?
Os vehículos híbridos “tradicionais”, utilizan o motor eléctrico como apoio, son enchufables, é decir, permiten recargar as baterías tanto co motor de combustión interna como cun enchufe.

¿Qué tipos de vehiculos ecolóxicos hai?
Ademáis de bicicletas eléctricas, tamén hai unha variedade de transportes nos que elixir: triciclos eléctricos, nos que aforras en combustible, electromotos
, electrocoches, bicicletas artísticas, motos eléctricas, etc.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial