11 maio 2009

EVOLUCIÓN DAS PANTALLAS DE ORDENADOR

Raúl Trasande Silva

A definición axeitada para pantalla ou monitor de ordenador sería un dispositivo de saída, que mediante un interfaz, mostra os resultados do procesamento dunha computadora. Existen grandes diferencias entre as pantallas ou monitores antigos cos de agora; por exemplo, as pantallas antigas ocupaban moito espacio á diferencia das planas de agora, xa que as do pasado eran monitores de tubo que ocupaban moito máis,estes monitores básanse nun principio que asemella ao dos televisores (dirixen un fluxo de electróns cara á pantalla mediante un campo electromagnético, realzando un varrido mediante o cal van cambiando a información na pantalla varias veces por segundo) Esta tecnoloxía pode ofrecer imaxes nítidas e fluídas cunha gran facilidade de adaptamento ás distintas resolucións. Claro que isto ten unha dobre cara, porque este tipo de monitores soen emitir unha gran cantidade de radiación de ultrabaixa frecuencia, por isto, é bastante mellor e aconsellable utilizar filtros para que estas cantidades de radiación diminúan considerablemente.

Agora grazas ao tempo e a tecnoloxía as cousas melloraron basatante neste ámbito.Para comezar,os desfasados monitores de tubo(CRT Catode Ray Tube ),xa case non se ven.A``culpa´´de isto é a aparición dos chamados monitores TFT (Thin Film Transistor). Estes monitores melloran unha morea de aspectos fronte aos seus antecesores. Para comezar , esta nova xeración de monitores non ocupan tanto espazo coma os anteriores , xa que estes teñen a virtude de seren planos.Unha innovación fundamental de estes novos monitores é que estes non parpadean , á diferenta dos CRT, xa que a maneira de cambiar a información na pantalla é claramente distinta , sen realizar varridos , isto provoca que a nosa vista descanse máis e mellor , o que evita en moitos casos , para as persoas que traballan con ordenador , futuros problemas oculares.Os novos monitores tamén presentan outras vantaxes de relevancia: admiten conexión dixital ( aparte da analóxica que xa ofrecían os de tubo) ,o se consumo eléctrico é reducido…etc. Claro que non todo son vantaxes, como vimos hai aspectos nos que se mellorou moito , sen embargo , os novos monitores presentan novos problemas , por exemplo , estes monitores son bastante máis caros que os normales , ofrecen , como veremos máis adiante , peor contraste e unha ganma de cores máis reducida, solo son capaces de traballar nunca resolución , e ademais , os seus tempos de resposta son lentos e as imaxes en movemento vénse peor.

Os parámetros nos que máis se notou unha diferenza no tempo entre as dúas tecnoloxías son:
-Primeiramente, notouse un gran avance no parámetro da resolución das pantallas actuales, que non ten nada que ver coas antigas, xa que, estas conteñen unha resolución moito maior que as súas antecesoras, claro que a resolución tamén atende a outros aspectos ; por exemplo ao tamaño do hardware do que estamos falando. Tamén é aconsellable elexir unha resolución menor ou maior dependendo de se a nosa tarxeta de vídeo ten unha tolerancia máis alta ou, polo contario, máis baixa. As novas pantallas , soen ter unha resolución ``nativa´´, isto é que estas pantallas ofrécennos imaxes máis nítidas e claras sendo o resto de peor calidade.Neste parámetro do que estamos falando notase unha clara superiroridade das antigas pantallas coas de agora.Primeiramente é convinte falar de que as CRT, ofrecen unha rápida e efectiva adaptación a calquer resolución da nosa tarxeta gráfica.Os TFT , sen embargo , están pensados para actuar nunha determinada resolución , que como dixemos anteriormente depende do tamaño do hardware. Así os TFT de 15´´ operan cunha resolución de 1024x768 e os de 17´´ cunha de 1280x1024.

-Outro importante apartado é o de brillo e contraste: Actualmente , nos dous tipos de pantallas que estamos comparando , o brillo e o contraste son bastante parecidos. Tanto nas pantallas máis antigas coma nas máis actuais, cobra importancia o feito de ter un monitor co negro ben definido. Nos TFT , podemos encontrar diferentes graos de contraste dependendo do ángulo en que miremos a pantalla.
-Para facer unha axeitada comparación entre os dous tipos fundamentais de pantallas , convén coñecer a fiabilidade de cada un deles. As pantallas máis antigas soen soportar mellor os fallos que afectan a imaxe da pantalla , xa que a pesar disto , normalmente , seguen funcionando ben. Sen embargo , pode dar problemas o seu sistema de frecuencias , distorsionando a imaxe , ou incluso , poden queimarse por ter imaxes estáticas demasiado tempo.
No caso das tecnoloxías de pantalla de vangarda , encontramos en que poden fallar os píxeles individuales das pantallas. Pero polo demais son más fiables que as anteriores.
-Logo están os controles. A maior parte dos actuais monitores soen contar con controles que permiten modificar a imaxe , en cambio , nas obsoletas CRT carecen de controles necesarios para cambiar e solucionar as diferentes distorsións das imaxes.
-Tempo de resposta (sólo para TFT): O tempo de resposta é o tempo que tarda o monitor en varíar a información da pantalla.Nas primeiras pantallas o tempo de resposta era moi largo , actualmente as TFT non teñen case tempo de resposta ; o que ocasiona que non haxa case diferenza neste parámetro coas CRT.
Aquí acaba esta pequena introducción nas diferentas que hai hoxe en día entre os monitores máis antigos , representados polos CRT , e os monitores máis actuais representado na súa banda polos TFT.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial