04 maio 2009

PULSEIRAS ELECTRÓNICAS CONTRA MALTRATADORES

Álvaro Rey Cascallar

As pulseiras son dispositivos electrónicos que actúan como transmisores e serven para a localización de persoas. Normalmente empréganse no caso de reclusos e maltratadores, pero tamén son usadas con algunhas modificacións na seu funcionamento para localizar enfermos de alzheimer, para impedir o rapto de bebés en hospitais e mesmo para controlar a medicación de enfermos crónicos ou terminais.

No caso dos maltratadores, as pulseiras que se empregan en España están feitas dun material irrompible e hipoalerxénico. Estes transmisores poden colocarse tanto na boneca coma no nocello e pesan ó redor de 30gr. Foron creados pola compañía israelí
Elmo Tech.
Para o funcionamento da pulseira son necesarios dous equipamentos: o do agresor e o da víctima.
+ O equipamento do agresor consta de:
-Transmisor: Tamén denominado brazalete ou pulseira. Emite un sinal de radio de forma periódica e as baterías non requiren mantemento. No caso de que o agresor o quite, actívase unha chamada á policía.
-Unidade de localización: A súa función é enlazar,
vía GPS, co centro de control para o envío de información do agresor, controlar a proximidade do transmisor, obter a posición GPS para a súa localización e detectar a entrada e saída das zonas de exclusión.
-Repetidor de proximidade: Consiste nunha antena cunha unidade electrónica receptora-transmisora que se instala de forma permanente no domicilio do agresor e está en constante conexión co centro de axuda.

+ O equipamento da víctima consta de:
-Unidade de notificación portatil: É un equipo do tamaño dun buscapersoas
que indica a proximidade do agresor mediante sonido, vibración e texto de pantalla.
-Unidade de notificación fixa: É un equipo de instalación permanente no domicilio que avisa acusticamente da cercanía do agresor, avisa ó centro de control das situacións de perigo e permite á víctima falar por teléfono GSM co centro.
-Repetidor
de proximidade: É unha antena similar á do equipo do agresor, e que permite a instalación dunha unidade de notificación fixa, en permanente conexión co centro de control.

Como vemos, outra vez a tecnoloxía ó servicio da sociedade. O certo é que aínda así segue a aumentar o número de víctimas de violencia de xénero, ás veces por erros humanos e outras porque a tecnoloxía tampouco e infalible; na memoria de todos o recente caso ocorrido en Pontevedra.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial