11 maio 2009

OS VIRUS INFORMÁTICOS: O GUSANO (OU WORM)

Cristina Gómez Mouta


Un virus é un código informático que infecta a medida que se transmite. Ten a capacidade de danar o software, o hardware e os arquivos dun ordenador. Para propagarse dun equipo a outro, adxúntase a un programa ou a un arquivo, de forma que pasa desapercibido.
Actualmente, existen varios tipos de virus,
máis de quince mil diferentes, dos cales estímase que estén en circulación uns 260. Dise que cada día surxen aproximadamente entre seis e nove virus novos.
Un dos máis coñecidos é o chamado “gusano ou Worn” creado por Robert Tappan Morris
no ano 1988. O virus gusano, é un Malware que ten a propiedade de duplicarse a si mesmo. Este reside na memoria do ordenador, e pode provocar danos no equipo e na información do mesmo. Pode viaxar a través da rede, e non necesita ningún tipo de software ou hardware para difundirse. Nun principio transmitíanse a través de disquetes, logo comezaron a utilizar os arquivos que se descargaban de inernet e actualmente utilizan como medio de propagación o correo electrónico ou o e-mail. Por exemplo, podería enviar copias de si mesmo a todos os usuarios da súa libreta de direccións do correo electrónico, expandíndose polos ordenadores dos seus familiares e amigos.

Por sorte na maioria dos casos existe un remedio para acabar con estes virus. Os chamados antivirus. Estes programas rastrean o virus para identificalo na memoria, nos arquivos e no sistema. Si o noso antivirus é bo, el só debe detectar os virus antes de que infecten a nosa computadora, ademáis é convinte actualizalo polo menos cada trinta días, para que siga funcionando correctamente.
O ciclo de vida de un virus, podería resumirse en tres sinxelos pasos:
- Entra no noso ordenador, e inféctao.
- Realiza a súa tarefa de destrucción e comeza a facer réplicas de si mesmo para expandirse por outras computadoras.
- Cando o detecta un antivirus ou o usuario do ordenador, o antivirus actúa e o virus é eliminado.
Hoxe en día, poderíase dicir que convivimos cos virus, pois xa non son descoñecidos para nós e a diario causan problemas en ordenadores
de todo o mundo. Pero a maioría da xente segue a facerse a mesma pregunta día tras día dende que apareceron os primeiros virus; ¿Quen crea os virus? ¿Por que?...
As persoas que crean os virus, son individuos que poden ter calquera idade, xénero, relixión, estado civil ou situación socio económica; só se necesita ter un pouco de coñecemento do uso dos ordenadores e calquera que sepa programar en calquera linguaxe pode escribir un virus nun só día.


Os principais motivos para crear un virus poden ser para demostrar que son verdadeiros expertos en computación, por hobby ou por distintas razóns de orgullo e competitividade entre os programadores de virus.
Outro grupo de programadores, son os que están resentidos contra a sociedade e gozan creando batalla contra os expertos en seguridade.
Pero moitas veces os virus créanos como estratexia de mercado. Os creadores de antivirus crean os propios virus, pois eles crean a enfermidade e a cura, co que fan que as persoas necesiten protexer mellor os seus equipos, xa que si non existiran os virus non sería necesario utilizar antivirus.
Na miña opinión crear un virus é algo que perxudica a todo o mundo e non se debería facer. O que está claro é que o home crea tecnoloxía para destruirse así mesmo.Co paso dos anos a tecnoloxía evolucionará un pouquiño máis e os virus pode ser que sexan máis dañinos do que o son hoxe en día, sen dúbida este tema, seguirá dando moito de que falar no futuro.

Etiquetas:

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial