22 abril 2010

SATÉLITES METEOROLÓXICOS

Lucía García Chenlo

Un satélite meteorolóxico é un tipo de satélite artificial que se emprega principalmente para supervisar o tempo atmosférico e o clima da Terra. Porén, poden ver máis que as nubes. As luces da cidade, incendios, contaminación, auroras, tormentas de area e polvo, correntes do océano, etc., son outras informacións sobre o medio ambiente recollidas polos satélites. As imaxes enviadas por un satélite teñen unha determinada escala e resolución espacial.

A configuración básica dun satélite meteorolóxico, consiste nun cámara tomavistas coa función de fotografiar electrónicamente os sistemas nubosos. A información recibida é enviada rápidamente á Terra, debido a que as condicións meteorolóxicas poden variar en moi pouco tempo. A transmisión de estas imaxes televisivas, aínda que ofrecen menor definición que a película fotográfica, permiten a suficiente resolución para o traballo meteorolóxico.

O fenómeno de El Niño e os seus efectos tamén son rexistrados diariamente en imaxes de satélite. O burato de ozono da Antártida é debuxado a partir dos datos obtidos polos satélites meteorolóxicos. De forma agrupada, os satélites meteorolóxicos de China, Estados Unidos, Europa, India, Xapón e Rusia proporcionan una observación casi continua do estado global da atmosfera.
Os satélites meteorolóxico
s convertíronse nunha das ferramentas máis prácticas que producíu a tecnoloxía espacial para a predición do tempo dende que empezaron a lanzarse en abril de 1960. A posta en órbita do TIROS-1, primeiro satélite meteorolóxico, constatou a gran capacidade informativa aportada para o estudo da atmosfera, así como a importancia de observar a Terra dende o espacio. Porén o primeiro satélite lanzado foi o Vanguard 2 pero debido ao seu deficiente eixe de rotación non puido recoller unha cantidade importante de datos útiles.
Os primeiros satélites iban equipados cun rexistrador magnético que almacenaba toda a información recollida durante a órbita de recoñecemento. Ao pasar pola vertical dunha estación de adquisición de telemetría, o satélite transmitía, a alta velocidade, todas as imaxes almacenadas. A partir de 1963 a NASA, co lanzamento do TIROS-8, puxo en servicio un novo sistema de transmisión: o sistema APT (Automatic Picture Transmission). Este sistema, perfeccionado co NIMBUS-1 (1964) e o ESSA-2 (1966), permite a calquera estación de terra recibir a comunicación do satélite meteorolóxico mentres a sobrevoa ou ben percorre alguna órbita adxacente. As imaxes recibidas corresponden á zona (nadir) que está sobrevoando. Desta forma consiguese un acceso a estos satélites, sen depender das estacións de seguimento da NASA.

Hoxe en día distinguense dous tipos de satélites meteorolóxicos:
- Xeoestacionarios: caracterízanse por permanecer sobre un punto fixo con respecto á superficie terrestre e una distancia aproximada de 36mil Km de altura. As imaxes que proporcionan estos satélites teñen unha frecuencia de 30 minutos e a súa resolución espacial vai de 8 a 1 Km. Deste tipo de satélites son os norteamericanos GOES.
A hora e a data indicada na maioría das imaxes satelitales exprésase en UTC, Coordenadas de Tempo Universal, anteriormente coñecido como GMT, Tempo Meridiano de Greenwich.
- De órbita polar: a súa resolución é de 25 kilómetros.As medidas non son paradas polas nubes. Porén, a medida é disturbada por todo o fenómeno que rompa as súas ondas capilares: a chuvia, os ventos fortes... Os satélites meteorolóxicos de órbita polar son explotados por EE.UU., Rusia e China Cun só satélite obtense a cobertura global.
Un dos satélites máis coñecidos hoxe en dia en España é o meteosat. É un satélite de órbita xeoestacionaria situado por enriba do Océano Atlántico e construído pola ESA (Axencia Espacial Europea).

Etiquetas: ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial