20 janeiro 2011

O EDIFICIO MEDIA-TIC DE BARCELONA: O PRIMEIRO 'BROTE VERDE'

María Campaña Otero

Creado por Enric Ruiz-Geli e situado no distrito tecnolóxico do 22@ , como mostra de que é un primeiro 'brote verde' nun contexto de crisis, o edificio Media-Tic é un fórum cidadán de encontro, aprendizaxe e posta en práctica das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Pretende poñer ao servizo do cidadán e da empresa un equipamento para uso intensivo e transparente das TIC, buscando a súa difusión e integración nas empresas. Concíbese como unha instalación equipada coas últimas tecnoloxías e innovacións, e ubicada nun lugar estratéxico para servir de núcleo e zona de presentacións, demostracións e todo tipo de actos. Será un punto de interrelación entre distintas empresas e éstas co cidadán, a través das TIC.

O CZFB (Consorci da Zona Franca de Barcelona) investiu 28 millóns de euros no Media-Tic que acollerá o Internet Interdisciplinary Institute (IN3) e o eLearn Center da Fundació Universitat Oberta de Catalunya (UOC), e a sede do centro de R+D Barcelona Digital.

Jordi Hereu, alcalde de Barcelona, pensa que este proxecto contén todos os valores da cidade e que, na era da información, a arquitectura ha de ser unha plataforma tecnolóxica. O Media-TIC é unha arquitectura dixital construída a partir de procesos dixitais de CAD-CAM.

Enric Ruiz-Geli explicouna "como unha estructura a tracción, non de compresión, unha estructura que educa" e que toma como exemplo o Gimnasio de Maravillas de Alejandro de la Sota, en Madrid.

Descripción da Obra:

É o cuarto do mundo e o primeiro acabado de España que incorpora o revestimento ETFE (Ethilene Tetrafluor Ethilene), que facilita a penetración da luz e o aforro térmico. A pintura de orixe mineral tamén capta a luz solar e fai que manteña un efecto luminoso cando cae a noite, converténdose nun elemento luminiscente, que o seu autor compara cunha medusa. Ademais, consome só enerxía que obtén de placas solares.

O edificio é un cubo con 4 fachadas distintas entre sí, que atenden a funcións específicas segundo a súa orientación. O debuxo do mosaico da pel de ETFE traduce as forzas exercidas polos pilares e columnas, o cal deixa ver un estudo da forma, ata o mínimo detalle. As plantas son diáfanas, abertas e modulables. Éstas son atravesadas por un patio vertical que da continuidade ao edificio e o conecta ao entorno. As plantas quedan conformadas en U, abríndose finalmente a unha das fachadas, que deixa un enorme marco ao exterior.

Buscando a ecoeficiencia do edificio, cúbrese con esta pel de 2.500 m2, que conseguirá un aforro energético do 20% e obterá 42 puntos dos 57 puntos máximos marcados polo Decreto de Criterios Ambientais e de Ecoeficiencia Enerxética dos Edificios. Só co movemento do aire conséguese xestionar toda unha fachada, sen mecanismos industriais, e cuns resultados moi favorables e enerxeticamente económicos.

A pel de ETFE da cara dos “coxíns”, está composta de inflables que dispoñen de ata tres cámaras de aire. Isto, mellora o illante térmico e permite a creación de sombra a través dun sistema neumático. Así, prodúcese un efecto como dunha nube tapando o sol; unha nube intelixente. A capa do medio é a que consegue crear a sombra. A primeira capa é transparente; a segunda e a terceira, dispoñen dun patrón de deseño inverso que, ao desinflarse e xuntarse, compleméntanse, creando unha soa capa opaca. A Configuración ETFE Niebla recubre unha das fachadas cun vestido de nitróxeno. Mediante sensores de temperatura, actívase automaticamente un sistema que inxecta nitróxeno pulverizado nos 32 coxíns verticais, producíndose unha nube de opacidad que actúa como filtro solar.


Etiquetas: , ,

0 Comentários:

Enviar um comentário

Subscrever Enviar feedback [Atom]

<< Página inicial