26 outubro 2007

A ENERXÍA NUCLEAR

Victoria Sanmarco Dieste

A enerxía nuclear é aquela que resulta do aproveitamento da capacidade que teñen algúns isótopos de certos elementos químicos para experimentar reaccións nucleares e emitir enerxía na transformación. Unha reacción nuclear consiste na modificación da composición do núcleo atómico dun elemento, que muta e pasa a ser outro elemento como consecuencia do proceso.




VENTAXAS E INCONVINTES:
A enerxía nuclear
xera un tercio da enerxía eléctrica que se produce na Unión Europea. Os verquidos das centrais nucleares ó exterior, pódense clasificar como mínimos, e proceden en forma gaseosa da chimenea da central, pero expúlsanse grandes cantidades doe aire, e pouca de radiactividade, e en forma líquida, a través do canal de descarga. Polo seu baixo poder contaminante, as centrais nucleares frenan a chuvia ácida e a acumulación de residuos tóxicos no medio ambente. Estas eran as súas vantaxas pero tamén ten enconvintes como o risco de accidentes, o requentamento dos ríos, o aumento das enfermidades producidas pola radioactividade, etc.



ACCIDENTE DE CHERNOBYL:
O equipo que operaba na pranta o día 26 de abril de 1986, propuso realizar un experimento coa intención de aumentar a seguridade do reactor.
Para realizar este experimento, os técnicos non querían deter o reactor para evitar un fenómeno coñecido como “envelenamento por xenon”.

Os operadores insertaron as barras de control par disminuir a potencia do reactor e esta decaeu ata os 30 MW. Para evitar un envelenamento aumentaron a potencia do reactor subindo as barras de control, pero co reactor a punto de apagarse, os operadores retiraron manualmente demasiadas barras de control. Cos sistemas de emerxencia desconectados, os reactor experimentou unha subida de potencia extremadamente rápida que os operadores non detectaron a tempo. Catro horas despois de comenzar o experimento, algúns na sala de control, comezaron a darse contade que algo ía mal, oírnse fortes ruídos e entón produciuse unha explosión causada pola formación dunha nube de hidróxeno dentro do núcleo, que fixo voar o teito a 100 t do reactor provocando un incendio na pranta e unha xigantesca emisión de productos de fisión
á atmósfera.

Etiquetas:

EVOLUCIÓN DAS ZAPATILLAS DEPORTIVAS

Daniel Barral de Jesús

A evolución das zapatillas deportivas, tanto como as de uso diario ou as zapatillas de baloncesto foi enorme, desde a primeira cámara de aire ata hoxe en día que son moito máis traballadas e modernas.




As principais marcas deportivas que desenvolveron unha enorme evolución nas súas zapatillas foron: Nike, Reebok, Jordan, And1 e Adidas. No referente a Nike, as súas famosas Nike Air evolucionaron moito desde o seu primeiro día, esa tecnoloxía Air consistía nunha plantilla composta dunha película de poliuterano inflada con gas e selada de modo que non se estropeaba co tempo. Das zapatillas Nike Air elaboráronse diferentes deportivas con mellor amortiguación e cámaras de aire moito máis modernas e con mellor deseño, entre elas están as Nike Air 180, Air Max, Air 360 e Nike Shox. Unha das máis modernas zapatillas lanzadas hai pouco foron as Air Force 25, esta é unha nova xeración de zapatillas de baloncesto, teñen unha suela transparente que mostra a combinación dunha bolsa de aire Zoom Air Bag, no fronte, e unha burbulla Air Max na parte correspondente ao talón do pé.


As outras marcas deportivas, tiveron unha evolución moi similar as de Nike, todas tiveron unha revolución na técnica, materiais, novas tecnoloxías relacionadas co benestar do pé do xogador. Tanto Jordan, Nike, Adidas, And1 e Reebok, teñen unha tecnoloxía moi similar. Todas estas marcas intentan conseguir para as súas zapatillas un maior agarre na pista, mellor suspensión ou amortiguación ca finalidade de que a caída despois dun salto sexa menos prexudicial para os xeonllos, cámaras de aire relacionadas ca suspensión e que mellora o salto do xogador, nalgúns a cámara de aire pódese regular o gusto do xogador, e que sexan lixeiras, reducindo o seu peso. Pero tamén estas empresas buscan que a persoa que usa a súa zapatilla se caracterice por algo, así que as grandes empresas fan nas súas zapatillas uns deseños gráficos impresionantes, co fin de que esa zapatilla estea caracterizada polo seu deseño e cores, non olvidándose tamén da tecnoloxía que non se ve por fóra.

Etiquetas:

15 outubro 2007

O BLUETOOTH, ESE GRAN AMIGO

Adrián Castroagudín Silva

Chamamos bluetooth a esta nova tecnoloxía que nos permite enviar e recibir datos cunha extrema facilidade. O nome de Bluetooth recíbeo en honor ao vikingo sueco Dentes azuis que se di que pisou terras americanas uns séculos antes que o noso Cristovo Colón.
Esta tecnoloxía agora mesmo abrangue a case tódolos aspectos da vida moderna. (imaxe 2) Temos o caso dos móviles, onde nos permite intercambiar fotos, melodías e mesmo enviar sms. Ou mesmo o seu mans ceibes, que usa a frecuencia do bluetooth.(imaxen 1)
Tamen se está comezando a dar o caso de escritores que escriben xa as súas novelas única e exclusivamente para ser transmitidas vía bluetooth.




O outro día, o meu amigo (chamalle amigo,chamalle x) Pedro comentoume que oira falar de mp3 e mp4 que tamén utilizaban a tecnoloxía Bluetooth.

E falando de Bluetooth, temos o caso das gafas de sol que ofrecen un sistema de radio chulisimo e moi fashion, son gafas que teñen un mp3 incorporado e levan tecnoloxía bluetooth.
Deixando aparte o tema das gafas pero seguindo co dos mp3, ofrezovos o terror das nenas (e non é Chaves, o melenas) senón as TETAS MUSICAIS

No campo das videoconsolas, a nova Playstation 3 trae de fábrica os novos mandos bluetooth,
que nos permiten xogar a unha distancia consideradamente lexos,tendo en conta que poidas ver a pantalla.

Etiquetas:

EVOLUCIÓN DAS BOTAS DE FÚTBOL

Noelia Quintáns Doce

As botas de fútbol son fundamentais para un equipo. Na actualidade non se xoga se non hai calzado, pero, quen inventou as botas de fútbol?.Como foi e está sendo a súa evolución? Ímolo ver: O gran creador das botas de fútbol foi Adi Dassler, que en 1920 fabrica as súas primeiras zapatillas de deporte. A súa gran obsesión era conseguir un calzado deportivo que eliminara os enormes inconvintes que presentaba o calzado inglés ata ese momento . Dase a circunstancia de que o tipo de bota que se utilizaba estaban fabricadas coa intención de protexelas lesións nos dedos dos pés, e por iso que a súa composición era a seguinte:fabricada en pel coa punta reforzada e a suela ríxida, tacos de cuero clavados e unha correa ao redor do empeine con corte alto para protexer o pé. Esta era segura pero á vez incómoda. Este feito levou a Dassler ao estudio e a experimentación do calzado deportivo. Foi así como en 1925 rexistrou a súa primeira patente da bota lixeira, unhas botas de fútbol con tacos de cuero clavados á suela.


En 1930, as botas de fútbol eran botíns ata o tobillo. Para xogar ao fútbol, os xogadores do siglo XX clavaban tapóns nas suelas das súas botas de traballo. En 1949, Adidas produce as 1ª botas de fútbol con tacos moldeados de goma. En 1954, Alemania gaña a 1ª copa do mundo coas botas con tacos recambiables. No 1958, a maioría dos xogadores usan botas “altamente tecnolóxicas”para a súa época: feitas de cuero da mellor calidade, resistentes á auga, plantillas de nailon, as botas cegaban ata o tobillo e os tacos eran recambiables porque enrroscábanse á suela. 1962, a novidade para o mundial de 1962 de Chile foi unha bota que resultou ser a preferida pola maioría dos xogadores internacionais (novo cordaxe, reforzos para os empeines e tacos estilizados).


Na Copa do Mundo de Alemania de 1974 usóuse moito unha bota que incorporaba unha pel de canguro e tacos moldeados extraíbles. En 1994, Adidas revoluciona a tecnoloxía das botas de fútbol co seu modelo “predactor”(escamas de forma que optimiza o disparo) No 1995 novas incorporacións e melloras, como un rediseño das escamas de goma, unha forma máis natural e a lengüeta pódese doblar. En 1996, mellora o agarre da suela gracias á forma dos tacos. No 1998 Adidas lanza unha bota cunha forma e axuste “perfectos”e incorpora o sistema de lazada asimétricos.

No ano 2000 chega un novo sistema de tracción de tacos recambiables e agarre optimizado. Residéñanse os sistemas xa existentes. En 2002, búscase o énfasis na lixeireza dos materiais. Na actualidade, no ano 2007, as botas de fútbol de mayor calidade están fabricados con pel de canguro, suelas anatómicas de plástico e tapóns de aluminio. Os deportistas, os diseñadores de equipos deportivos e os fabricantes colaboran estreitamente nas necesidades e na experiencia da vida real dando impulsos importantes para o desenrrolo de materiais e nas técnicas de elaboración do equipamiento deportivo. Esta estreita interrelación da investigación e vida real é un requisito básico para que os equipamentos e artículos deportivos se adapten de forma óptima ás necesidades específicas de cada disciplina deportiva.


Hoxe en día, as lixeiras espumas integrais son especialmente populares para a producción de suelas de botas de fútbol. Como con este tipo de espuma pódese fabricar unha suela con núcleo celular, que nas exteriores convírtese nunha pel cerrada, a bota é extremadamente lixeira e flexible, aínda que á vez presenta unha elevada amortiguación contra os golpes. Adicionalmente, este material ofrece a ventaxa de que a dureza da suela é variable, entre moi branda e moi dura, gracias á posibilidade de poder adaptala densidade bruta. Esto significa a fin de contas que o deportista é protexido polo seu calzado nas respectivas disciplinas deportivas e apoiado nos seus movementos precisamente alí onde o necesita.

Etiquetas:

A EVOLUCIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GRAZAS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Jennifer Romero Sanmiguel

Os comunicadores sociais definen a información como toda mensaxe que está feita para dar a coñecer a outros individuos as nosas emocións, sentimentos, formas de pensar, situacións na que nos atopamos, etc... A través de certos símbolos, signos e palabras que nos permitan entendernos cos demáis. Por outra parte a comunicación recoñécese como un proceso de intercambio de información, un intercambio de ideas cuxo resultado é alcanzar ideas novas ou reforzar as ideas xa coñecidas. Debe ser por iso que na historia do mundo, as revolucións da humanidade estiveron marcadas polos grandes avances que se deron na capacidade de comunicación do home.




Satisfacer cada vez mellor as necesidades comunicativas foi unha constante na vida do home. Por iso, este desexo de mellora, foi o impulso que logrou a creación no mundo de instrumentos cada día máis poderosos e veloces no proceso comunicativo. É sinxelo ver como resultou este proceso: os métodos de comunicación foron dende rudimentarios métodos como a escritura xeroglífica, pasando pola invención do alfabeto e do papel, máis tarde a imprenta, e un tempo despois outros moito máis elaborados como o teléfono , o cine, a radio a televisión e a prensa.

Todos estes instrumentos foron un avance nas formas de comunicación do home e, prácticamente todos, foron posibles grazas á tecnoloxía, que a súa vez foi o instrumento cuxa evolución determinou o avance da humanidade.

Na historia da humanidade, os cambios no ámbito tecnolóxico, ligados estes ós cambios nos aspectos comunicativos do home, foron os promotores do desenvolvemento da especie e, en gran medida, provocaron cambios de “época”. A aparición da agricultura na etapa primitiva, a Revolución Industrial no século XV, son algúns dos exemplos máis claros.


Os diferentes e perfeccionados medios de comunicación que se empregan na actualidade son unha maneira de mostrar cómo o home se comunica cos seus semellantes e debido ós grandes avances que coñecemos, poderíase pensar que a situación actual é inmellorable. Non obstante a humanidade segue crecendo, evolucionando e, mentres o home exista, a súa búsqueda para comunicarse máis e mellor non se deterá. Por tanto a evolución da comunicación humana segue en marcha.

Etiquetas:

A NANOTECNOLOXÍA

Silvana Lema Saborido

A nanotecnoloxía
é un conxunto de técnicas que utilizan para manipular a materia a escala de átomos e moléculas. Nano, é un prefixo grego que indica unha medida, non un obxeto. A diferencia da bitecnoloxía, de onde “bio” indica que manipula a vida, a nanotecnoloxía fala soamente dunha escala.




Aínda que as investigacións actuais con frecuencia faise referencia a nanotecnoloxía ( en forma de motores moleculares, computación cuántica, etc) , é discutible que a nanotecnoloxía sexa unha realidade hoxe en día. Os progresos actuais poden calificarse máis ben de nanociencia, corpo de coñecemento que senta as bases para o futuro desarrollo dunha tecnoloxía baseada na manipulación detallada de estructuras moleculares.As nanotecnoloxías prometen beneficios de todo tipo, dende aplicacións médicas novas ou máis eficientes a solucións de problemas ambientais e moitos outros; noentanto, o concepto de nanotecnoloxía aínda non é moi coñecido na sociedade.


O premio Nobel de Física Richard Feynman foi o primeiro en facer referencia as posibilidades da nanotecnoloxía no célebre discurso que deu no Caltech(Instituto Tecnolóxico de California) o 29 de Decembro do 1959.Outro visionario desta área foi Eric Drexler que predixo que a a nanotecnoloxía podría usarse para arranxar moitos dos problemas da humanidade, pero tamén podría serrar armas poderosísimas.

Actualmente
, arredor de 40 laboratorios en todo o mundo canalizan grandes cantidades de diñeiro para a investigación en nanotecnoloxía. Unhas 300 empresas teñen o término “nano” no seu nome , aínda que todavía ai moi poucos productos no mercado.

En España, os científicos falan de “ nanopresupuestos”. Pero o interese medra, xa que hubo un par de congresos sobre o tema: en Sevilla, sobre as oportunidades de inversión, e en Madrid, ca reunión entre responsables de centros de nanotecnoloxía de Francia, Alemaña e Reino Unido na Universidade Autónoma de Madrid.

Espérase que as futuras aplicacións multipliquen a eficiencia das fontes de enerxía
renovable, impulsen a menciña rexenerativa ou aceleren o desarrollo de ordenadores máis potentes.

Etiquetas: ,

EVOLUCIÓN DAS VIDEOCONSOLAS

Pedro Piñeiro Rodríguez

Unha videoconsola consola de videoxogos, sistema de videoxogos, é un sistema de hardware e software para o fogar, diseñado inicialmente para xogar a videoxogo.



Hoxe en día incorporan importantes características multimedia. Ó igual que os ordenadores persoais, poden adoptar diferentes formas e tamaños. Deste modo, poden ser de sobremesa, e dicir, requerir ser conectadas a unha televisión para a visualización do videoxogo , ou ben ser portátiles, contando cunha pantalla integrada e unha fonte de alimentación propia (baterías ou pilas). Os videoxogos poden vir en cartuchos de plástico, que protexen unha placa con chips nos que está almacenado o software, ou tamén poden estar en disquetes, tarxetas, cedés ou deuvedés. Estes dous últimos formatos son os que definitivamente parecen terse imposto actualmente nas chamadas consolas de sobremesa, A partir de 2002, o formato cartucho so se utiliza básicamente para videoconsolas portátiles, mentras que para as consolas de sobremesa utilizanse os dous últimos formatos de disco.


Nos primeiros anos da década dos oitenta, a presenza de computadores pode considerarse anecdótica. Se ben é certo que, xa dende os anos 60, existían avenuras do estilo das míticas «The Colossal Cave», ou «Zork», éstas só funcionaban en ordenadores PDP e similares, instalados en universidades ou centros de estudos científicos, o alcance só dos privilexiados. En España, tivemos que esperar ata 1980 para poder disfrutar das primeiras máquinas recreativas, as populares "máquinas de marcianitos", que nos mostraron os primeros xogos , do estilo do «Ping Pong», e o «Pac Man» A comezos de 1982, comercializaronse as primeras consolas “Atari”, equipadas con cartuchos, que nos permitían disfrutar dos primeiros títulos (Ping-Pong e o PacMan) na nosa casa, así como outros igualmente populares, coma o «Robotron» ou «Invasores». Tamén, neste ano, comenzaron a verse os primeiros ordenadores domésticos, importados directamente de Francia ou Gran Bretaña.

A contunuacion amósovos os 3 primeiros prototipos de videoxogo:

LANZAMENTO DE MISILES En 1947 Thomas T. Goldsmith y Estle Ray Mann patentaron un sistema electrónico de xogo que simulaba o lanzamento de misiles contra un obxetivo, baseabase nas pantallas de radar que usaba o exército na enton recente segunda guerra mundial. O sistema funcionaba con válvulas e usaba unha pantalla de rayos catódicos. Permitía axustar a velocidade e a curva do disparo, pero os obxetivos estaban sobreimpresionados, non había movemento de video na pantalla, non se lle considera videoxogo.

TRES EN RAIA En 1952 Alexander Sandy Douglas presenta sua tesis de doctorado en matemáticas na Universidade de Cambridge (Inglaterra) sobre a interactividade entre seres humanos e computadoras, a tesis inclue o código do primero xogo gráfico con constancia segura, é unha versión do "Tres en Raia" (Tic Tac Toe) para unha computadora EDSAC, deseñada e construida nesa mesma universidade. O programa tomaba as decisions correctas en cada momento do xogo segúndo o movemento realizado polo xogador, que o facía mediante un dial telefónico de roda que incorporaba a computadora EDSAC. Este xogo é tratado como precedente, xa que non se lle considera realmente un videoxogo, senon un xogo gráfico por ordenador, xa que non existía video en movemento.

PONG (TENNIS FOR TWO) William Nighinbottham en 1958 creou un xogo chamado Tenis Para Dous (Tennis for two) usando un osciloscopio de laboratorio, consistía en interceptar unha bola que cruzaba a pantalla movendo unha línea que facía de paleta. Seu autor mostrouno como curiosidade científica, nunca patentou a sua invención e así foi que Tenis Para Dos foi comercializado a partir de 1972 por Atari co nome de Pong cun gran éxito. Consideramolo o primeiro videoxogo da historia.




Na actualidade só tres empresas se disputan o mercado da videoconsola de sobremesa: Microsoft (xbox 360) , Nintendo (nintendo wii) e Sony (Play Station 3). A cuarta en discordia, Sega, na súa dura pugna con Nintendo nos anos 80 e 90 pola hexemonía neste mercado, tirou a toalla e interrumpiu de forma definitiva a producción de Dreamcast, a sua consola de 128 bits de sexta xeración, en 2001. En canto a portátiles se refire, están: a veterana Nintendo(Gameboy advance, e a nintendo DS), a inexperta neste campo Sony (PSP “PlayStationPortable”) e a firma coreana Game Park Holdings.







Características dun videoxogo:Gráficos Os gráficos son a forma de ver un videoxogo , a calidade visual coa que se aprecian os elementos na pantalla. Nun principio todo-los elementos eran en 2 dimensions, é dicir, todo o que se mostraba na pantalla era plano. Na actualidade a maioría dos xogos desarrollanse en 3 dimensions, dando así máis realismo ós sus contidos.Xogabilidade O control do xogo é unha das facetas máis importantes. A forma de manexar o xogo debe ser fácil e intuitiva, senon a aprendizaxe pode ser costosa e por consiguinte o xogo non chame a atención. Por exemplo se para manexar un avión nun xogo de simulación necesitamos moitas teclas, o xogo será moi complicado e os usuarios iniciados necesitarán moito tempo para ter cierta habilidade neste xogo. SonidoA calidade de sonido evolucionou paralelamente ós gráficos, dende o sonido do altofalante do ordenador (só eran pitidos que emitía el altofalante interno do ordenador) ata o sonido envolvente que existe actualmente. Este sonido envolvente consiguese colocando altofalantes diante e detrás do usuario. Desta maneira os sonidos que no xogo proveñan de diante sonarán diante do xogador, e os sonidos que proveñan de detrás no xogo sonarán detrás.

Etiquetas:

MOTORES ¿DIESEL OU A GASOLINA?

Noel Miguéns González

Fai 10 anos solo 13 de cada 100 coches eran a diesel . As cousas cambiaron moito porque no ano 2000 venderonse en España uns 733.500 coches con motor diesel polo que queda claro que os coches a diesel son mais vendidos que os coches a gasolina.Os coches a diesel son os mais comprados porque consumen menos combustible e ademais o diesel e mais barato que a gasolina , por outra parte tamen e porque ten mellores técnicas como o funcionamento mais suave e menos ruido , mayores prestacions como mayor potencia e mayor axilidade no motor. Hoxe en dia hai pouca xente que queira un coche a diesel porque cada vez valen mais que os coches a gasolina e cado dia o carburante diesel e mais caro. Iso tamen depende moito dos motores diesel que poden ser de varios tipos : convencionales, turbodiesel e turbodiesel con inyección directa.


A elección entre un coche diesel e outro a gasolina cada dia e mais difícil porque tes que mirar a longo prazo os gastos de cada coche. As ventazas dos coches a diesel son:
Melloraron os motores reducindolle o peso do motor , o ruido e a contaminación emitida .Melloraron a potencia polo a ahora teñen mais salida.

Os inconvenientes: que os coches a diesel son mais caros, que esta subindo o prezo do carburante e casi chega o mesmo prezo que a gasolina, produce cancer, mais contaminación que os de gasolina, os diesel son mais pesados que os de gasolina.

As ventaxas dos cohes a gasolina son todas as contrarias:Teñen un motor cos mesmos cabalos pero teñen mais salida que os diesel, son mais baratos que os diesel, son menos pesados, non contaminan tanto como os de diesel. Os inconvenientes dos coches a gasolina son: Consumen mais que os coches a diesel e a gasolina , o carburante e mais caro , fan mais gasolina. Tamen hai diferencia nos coches porque os todoterrenos ou monovolumes a elección dos diesel saese da media xa que a diferencia de consumo e mayor o tratarse de vehículos mais pesados. Por eso hasta oita de cada dez coches todoterreno matriculados son diésel porque consumen menos .

Etiquetas:

ENXEÑERÍA

Nazaret Agrasar Crespo

É a profesión na que o coñecemento das matemáticas e ciencias naturais, obtido mediante estudio, experienza e práctica, aplícase con xuízo para desenrolar formas de utilizar, económicamente, os materiais e as forzas da natureza para beneficio da humanidade. Pese a que a enxeñería está ligada ao ser humano, seu nacemento como campo do coñecemento específico ao comezo da revolución industrial, constituíndo un dos actuais piares no desenrolo das sociedades modernas. Outro concepto que define a enxeñería é o arte de aplicalos os coñecementos científicos á invención, perfeccionamento ou utilización da técnica en tódalas súas determinacións.



As persoas que se dedican á enxeñería reciben o nome de enxeñeiros. O termo evolucionou máis adiante para incluír tódalas áreas nas que se utilizan técnicas para aplicar o método científico. Noutras linguas como o árabe, a palabra enxeñería tamén significa xeometría. A súa función principal é a de realizar deseños ou desenrolar solucións técnoloxicas a necesidades sociais, industriais ou económicas. Algúns dos obstáculos son os recursos disponibles, as limitacións físicas ou técnicas, a flexibilidade para futuras modificacións e adicións e outros factores como o coste, a posibilidade de levalo a cabo, as prestacións e as consideracións estéticas e comerciais.

Se existen múltiples solucións razoables, os enxeñeiros avalian as diferentes opcións de deseño sobre a base das súas calidades e elixen a solución que mellor se adapte ás necesidades. A ciencia intenta explicar os fenómenos recentes e sen explicación, creando modelos matemáticos que se corresponden cos resultados experimentais. Tecnoloxía e enxeñería son a aplicación do coñecemento obtido a través da ciencia e produce resultados prácticos. Os científicos traballan coa ciencia e os enxeñeiros coa tecnoloxía. Tamén pode haber conexións entre o funcionamento dos enxeñeiros e os artistas, sobre todo nos campos da arquitectura e o deseño industrial. A inicios do século XXI a enxeñería en seus moi diversos campos logrou explorar os planetas so Sistema Solar con alto grao de detalle, destacan os exploradores que se introducen ata a superficie planetaria; tamén creou un equipo capaz de derrotar ao campeón mundial de axedrez; logrou comunicar ao planeta en fraccións de segundo; xerou o Internet a capacidade de que unha persoa se conecte a esta rede dende calquer lugar da superficie do planeta mediante unha computadora portátil e teléfono satelital.


Grazas á enxeñería creáronse máquinas automáticas e semiautomáticas capaces de producir con moi pouca axuda humana grandes cantidades de productos como alimentos, automóviles e teléfonos móviles. Ante tódalas maravillas que significa a enxeñería, a humanidade non logrou eliminar a fame do planeta, nin moito menos a pobreza. A tecnoloxía para a Enx. Civil xogou un papel moi importante, en especial co desenrolo da computadora, que é unha gran ferramenta para os diferentes proxectos dende a elaboración de planos ata o cálculo estructural das obras, pero tamén poderíase nomear as calculadoras científicas, que facilitan moito. A tecnoloxía facilita o traballo dun enxeñeiro civil ademáis fan que os traballos sexan máis precisos e rápidos. Imaxinate por exemplo, o formigón armado, antes facíanse tódalas casas con paredes de carga e agora as cargas lévanse a través das vigas de formigón armado. E así con todo. O cálculo manual ao computerizado, os plásticos que substituen ao chumbo nas cañerias, o aceiro inoxidable para facer estructuras vistas, das losas das vías romanas, a terra compactada aos adoquíns ao asfalto e ata chegar aos novos asfaltos que reducen o ruído e o consumo dos vehículos.

Etiquetas: