18 maio 2009

CASAS ECOLÓXICAS: AFORRAR DIÑEIRO COIDANDO O MEDIO AMBIENTE

Raquel Llerena Morales


Vivir nunha casa que permite aforrar na factura de auga e luz e que mantén o calor no inverno e o frío no verán e que non cause problemas no medio ambiente nin na saúde é posible grazas ás casas ecolóxicas. Aínda con todas estas vantaxes seguen sendo unha excepción polo alto custo (que acaba compensándose co tempo), e a falta de materiais ecolóxicos no mercado, que pon freno ao seu desenrolo.
Os expertos na construcción ven cada vez máis importante adaptar as vivendas a criterios ecolóxicos, para garantir a saúde dun mesmo e a do medio ambiente e que nun futuro sexan máis baratas. Unha casa totalmente ecolóxica debería construírse con materiais e métodos respetuosos co medio ambiente e con criterios que supoñan un aforro enerxético, de maneira que consiga un crecemento sostible.
Por exemplo, edificios bioclimáticos que tendo en conta o clima e a súa orientación aproveitan a luz e o calor diurno, como tamén o frescor nocturno de maneira que a vivenda poida prescindir doutras fontes de enerxía que fan o mesmo. Aínda que pode haber edificios bioclimáticos que non respeten a bioconstrucción nos seus materiais ou no tratamento dos residuos. Sen embargo un edificio bioconstruido debe incorporar tanto materiais ecolóxicos como conceptos bioclimáticos.

O enfoque medioambiental das casas ecolóxicas é froito da toma de conciencia dos limitados recursos naturais do noso territorio. Os partidarios da vivenda ecolóxica son cada vez máis numerosos, e as tendencias non son homoxéneas, pódense construir con materiais ecolóxicos, simplemente poñer instalacións bioclimáticas ou as dúas cousas.
Algunhas casas son ecolóxicas pola súa coidada integración no territorio e polas medidas pasivas que aproveitan as aportacións gratuitas de sol e de ventilación natural, outras son completamente autónomas en auga e enerxía gracias a unhas sofisticadas instalacións técnicas. O aspecto constructivo de todas as vivendas presentadas analízanse minuciosamente mediante os materiais e as técnicas utilizadas nelas.
Os materiais utilizados neste tipo de vivendas son a madeira, a pedra, a cerámica ou o formigón ecolóxico, ningún material que conteña productos nocivos, como o PVC ou o amianto. Nas casas hai un control da contaminación do ambiente por radiacións electromagnéticas artificiales, coma as liñas de alta tensión, as antenas telefónicas ou de radio e TV, capaces de alterar os procesos biolóxicos dos seres vivos. Tamén conteñen amplios ventanais orientados ao sur ou tellados simétricos complementados con captadores térmicos ou paneis fotovoltaicos adaptados ao tipo de clima da zona.
Para ter unha vida máis sá, estas vivendas adáptanse para que teñan “Feng Shui”, arte milenario que estudia solucións para a creación de espazos armónicos para o benestar físico, psíquico e emocional. Unha das casas máis ecolóxicas do mundo está nunha illa do norte de Gran Bretaña: unha casa de cero emisións que funciona aproveitando na súa totalidade a enerxía do vento e do sol.

A casa está perfectamente illada e a calefacción baixo o chan utiliza o calor captado do aire do exterior, que se almacena nunha batería de auga xigante. Un sistema de ventilación captura o calor no interior da casa e reutilízao, ademáis recolle a auga da chuvia para utilizala nos váteres e na lavadora. A enerxía para os diferentes electrodomésticos provén dunha turbina eólica, que carga as pilas de combustible capaces de almacenar enerxía para catro días.
As luces LED da casa funcionan coa mesma enerxía dunha bombilla de 1oo W. O seu invernadoiro ten unha turbina eólica e tamén luces LED para crear a luz do día e as estacións artificiais. Esta vivenda tamén contan cun coche que funciona cunha batería. Facer que mellore o medio ambiente está nas nosas mans, e mercando este tipo de vivendas axudamos moito ao desenrolo sostible do planeta, e aínda que o custo sexa maior no momento, co tempo veremos que gañamos cartos e saúde.

Etiquetas:

Ciruxía Robótica

Xeila Tourís Tubío


A ciruxía robótica é un sistema interactivo e computarizado, tan rápido que o ordenador desaparece da mente do ciruxián deixando como real o entorno xerado polo sistema.
O ciruxián determina os cambios que o robot executará no paciente. A consola de mando donde traballa o ciruxián pode situarse no mesmo qurófano ou noutro lugar, este robot consta dunha estructura semellante os brazos humanos imitando todos os movementos.
1 Inicios é evolución
Philippe Green foi quen diseñou o primeiro prototipo de robot para a teleciruxía mentras que o médico Stephen Jacobsen desarrollou brazos e máns robóticas.
Nese mesmo ano iniciouse un programa clínico cun robot que utilizaba á información de resonancias magnéticas no implante de prótesis de fémur.
En 1991 Richard M. Satava, ciruxián do exército dos EEUU, realizaron investigacións en manipulación remota co obxetivo de atender a distancia as emerxencias nos campos de guerra.
En 1993 o robot AESOP(Advanced Endoscopic System for Optimal Positioning) convertiuse no primeiro axudante do ciruxián, neste ano tamén apareceu o ESOP0:trátase de robots esclavos que obedecen á voz do ciruxián.
En 2001, o ciruxián francés Jacques Marescaux realizou a primeira intervención quirúrxica a distancia transatlántica, co robot Zeus.


2 Ciruxía Robótica en España
O 6 de xuño instálase en España o primeiro robot da Vinci, cun custo de 1.5 millóns de euros.
Este robot quirúrxico fabricado por Intuitive Surgical, non substitúe o ciruxián; unha das varillas leva dúas cámaras que facilita ó ciruxián un campo de visualidade tridimensional, estas varillas xiran no interior do corpo do paciente como se fosen as máns dun ciruxián, coa diferenza de que o seu tamaño, de un e dous centímetros permítelle acceder a lugares imposobles donde un ciruxián non é capaz de acceder ca súa mán.
Da Vinci foi desarrollado polos inxenieiros da NASA para facer operacións a distancia.
3 Vantaxes
· Poden axudar ós ciruxiáns a realizar as súas operacións, teñen velocidade, fiabilidade, precisión e boa relación de costo rendemento.
· Facilitan as intervencións nos lugares de difícil acceso.
· Outra facilidade para os ciruxiáns e que, os robots poden ser manipulados fácilmente. Ademais a conexión coa computadora pode facerse cun cable aéreo. A computadora, o robot e o medio ambiente están na mesma mesa preto do usuario para facilitar o traballo.


4 Inconvenientes
· É moi custoso para paises en pleno desenvolvemento.
· O avance da ciruxía robótica quedou estancado debido as limitacións da tecnoloxía.
· tempo de duración e moi complicado, xa que ten que ser moi preciso nas súas funcións.

5 Conclusións
A ciruxía robótica é unha ferramenta indispensable dentro do campo da mediciña grazas a ela ó home puido explorar o seu propio corpo sen necesidade de facer unha gran incisión, realizou ciruxías a grandes distancias.

Etiquetas:

A FIBRA ÓPTICA, UNHA NOVA MANEIRA DE TRANSMISIÓN DE DATOS

Andrea Pilar Olivera García

- DEFINICIÓN:
Medio de transmisión creado polo físico Narinder Singh Kpani apoiándose nos estudios de Jonh Tyndall que é empleado habitualmente en redes de datos; un fío moi fino de materiais trasparentes, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos a transmitir. Pero a fibra óptica non supera á utilización do cobre, debido a que os gastos de instalación, man de obra e compoñentes deste son máis baratos cós desta fibra.
- COMPOÑENTES DA FIBRA ÓPTICA:
a) Conetores; que segundo o uso, poden ser:
· FC: Transmisión de datos e en telecomunicacións.
· FDDI: En redes de fibra óptica.
· LC e MT-Array: Transmisión de alta densidade de datos.
· SCe SC-Dúplex: Transmisión de datos.
· ST ou BFOC: Redes de edificios e en sistemas de seguridade
b) Emisores de faz de luz: Que, como di a palabra, emiten o faz de luz para poder transmitir os datos, poden ser de dous tipos:
· LEDs: Utilizan unha corrente de 50 a 100 mA, a súa velocidade é lenta, só se poden utilizar en fibras multimodo, inda así o seu uso é fácil e teñen moito tempo de aguante e son baratos.
· Lásers: Utilizan corrente de 5 a 40 mA, son moi rápidos, pédense utilizar cos dous tipos de fibras, pero pola contra o seu uso é difícil, teñen menos tempo de aguante cós LEDs e son moito máis caros.
c) Conversores de luz: Converten os sinais ópticos que proceden da fibra en sinais eléctricos. Obteñen corrente a partir da luz modulada incidente, esta corrente é proporcional á potencia recibida , e polo tanto, á forma de onda do sinal modulador.
Fundaméntase no fenómeno oposto á recombinación, é decir, na xeración de pares electrón-oco a partir dos fotóns. O tipo máis sencillo de detector corresponde a unha unión semicondutora P-N.
- FUNCIONAMENTO:
Despois de que os datos se envíen polos pulsos de luz, o faz de luz queda completamente limitado e propágase polo núcleo da fibra cun ángulo de reflexión por enriba do ángulo de límite de reflexión total, na aplicación da Lei de Snell.
- USO:
Estas fibras son moi utilizadas en comunicacións debido á rapidez de transmisión de datos, en comparación ás que son por radio e cable. Este sistema básico de difundir mensaxes está composto nesta orde: comeza co sinal de entrada, amplificador, fonte de luz, corrector óptico, receptor, amplificador e remata co sinal de saída.
- TIPOS DE FIBRA ÓPTICA SEGUNDO O MODO DE PROPAGACIÓN:
1) Fibra multimodo: na que os faces de luz poden circular por máis de un modo ou camiño. Pode ter máis de mil modos de propagación de luz. Úsanse comúnmente en aplicacións de curta distancia (menos de 1km) sendo a súa distancia máxima de 2km. Utilizan diodos láser de baixa intensidade. E, debido ao seu grande tamaño do núcleo dunha fibra multimodo , é mais fácil de conectar e ten máis tolerancia a compoñentes de menor precisión . Dependendo do índice de refracción neste núcleo, hai dous tipos desta fibra: con índice escalonado ou con índice gradual.
2) Fibra monomodo: Só propaga un modo de luz, para isto redúcese o diámetro do núcleo ata un tamaño (8.3 a 10 micróns). A súa emisión é paralela ó eixe da fibra. Permiten alcanzar grandes distancias (100km como máximo) con lásers de alta densidade.
- APUNTAMENTOS A TER EN CONTA:
A mellor maneira de aproveitar a fibra óptica é instalándoa en terreos ou áreas planas e non en zonas montañosas ou escarpadas, xa que levaría unha maior inversión e os riscos serán tamén mayores na súa colocación, debido a que son zanas máis propensas a sufrir fenómenos naturais como deslaves, que afecten ao dispositivo.
- VANTAXES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
Ancho de banda do medio de transmisión, baixas pérdidas (nunha fibra óptica as pérdidas son as mesmas para calquera frecuencia do sinal ata moi altas frecuencias ) e ningunha pérdida de luz, seguridade pola carencia de señales eléctricas na fibra (polo que é moi utilizada en aplicacións militares), baixo peso a diferencia dun conductor de cobre, insensibilidade á interferencia electromanética , é compatible coa tecnoloxía dixital, facilidade de instalación…
- INCONVENINTES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
O seu alto custo, as fibras son moi fráxiles, dispoñibilidade limitada de conectores, dificultade de reparación dun cable de fibras roto no campo.

Etiquetas:

EVOLUCIÓN DO FERROCARRIL

Andrea Darrocha Calvo

Os vagóns eran arrastrados inicialmente por tiros de cabalos e, posteriormente, sumaron selle máquinas, pero esos motores eran tan pesados e tan pouco perfeccionados que apenas si producían o vapor suficiente para proporcionar una velocidad de 4 a 5 millas por hora. De haber sido inevitable, semellante lentitud limitaríase de forma considerable a utilidade do ferrocarril. O primeiro medio de transporte que se utilizaron as rodas montadas sobre railes e que utilizaba a forza motriz proporcionada pola máquina de vapor, foi diseñado polo inglés Richard Trevithick o 24 de febreiro de 1804.

Os ferrocarris precisaban de guías para o transporte dos vagóns.O primeiro transporte público que funcionou con locomotoras de vapor, sobre vías férreas, foi inaugurado en 1830. Seguía a vía de Liverpool a Manchester, Inglaterra.A primeira línea ferroviaria en España en 1848, o proxecto foi promovido por Miguel Biada Bunyol.

O manteñemento que requiren as locomotoras con motores de vapor, resultou ser un inconveniente ante o aparecemento do automóvil, que permitía transportes máis rápidos que o tren. A mediados do siglo XX aparecen outras enerxías alternativas para usarse nos medios de transporte guiados por railes. Iníciase así a era de locomotoras movidas por motores diesel, polas cales requerían menor tempo de manteñemento.
0 tren de alta velocidade en España xa que non presenta problemas de contaminación, alcanza velocidades competitivas có transporte aéreo, e no xenera pérdidas de enerxía por rozamento. O seu manteñemento é relativamente cómodo que alcanzan velocidades de máis de 300 km/h., un tren que alcanza velocidades superiores a 300 km/h. O seu primeiro servicio foi entre Madrid e Sevilla en 1992. En Xapón, ademáis del Maglev, están os Shinkasen. En Alemanña funciona o ICE (Inter City Expréss) desarrollado no ano 1985. En Italia circulan los ETR o Pendolinos que son trenes pendulares.


O primeiro monorraíl
construíuse en Irlanda en 1889. Trata de un transporte composto de vehículos que circulan por una plataforma de railes ou vigas, polo xeral elevada sobre a superficie. Hai dous tipos básicos de monocarriles: o monocarril suspendido, onde os vehículos colgan baixo a estructura, e o monocarril sustentado, no cal os vehículos apoian as suas rodas sobre os rebordes interiores dos railes. No ano 2007 foi importante para o desarrollo do ferrocarril en España. O 22 de Diciembre entrou en servicio o nuevo tramo Madrid-Valladolid por Segovia cun largo tunel na Serra de Guadarrama que permitiu reducir a distancia e o tempo de viaxe. Faise Madrid-Valladolid en 56 minutos e acortáronse os tempos nas relacións de Madrid có Norte nunha hora. O dia 23 de Diciembre inaugurouse tamén o tramo Antequera Santa Ana-Malaga, tamén cun largo e complexo tunel polo valle de Addalajis, o que permitiu reducir moi considerablemente o tempo de viaxe de Madrid-Malaga hasta 2h. 30 min., que se podrá reducir no futuro si se desea.Fai uns dias, o 20 de Febreiro do presente ano, inaugurouse o novo tramo Tarragona-Barcelona no ancho europeo que permitiu circular entre Madrid a Barcelona a una velocidade de 238 kms/h .Tempo que se podrá reducir cando o tramo este mais rodado.

Etiquetas:

OS PNEUMATICOS

Erik Penedo Jamardo


A súa función principal é permitir un contacto axeitado por adherencia e frición có pavimento, posibilitando o arranque, o freado e a guía. Hai varios tipos existentes: diagonais e radiais; e tamén, tubetype e tubeless (con cámara de aire ou sen ela respectivamente). Para diferenciar según os seus tipos existen uns códigos que van pegados á goma exterior da roda onde indican: o perfil, o diámetro, o ancho, o peso, a velocidade e data de fabricación.
A banda de rodadura
é a parte que entra en contacto co asfalto, polo tanto, a que mais se desgasta. Dependendo do material, forma, códigos, etc, a duración dun pneumatico pode ser entre uns 40000 km e 60000 km.

Algúns vehículos teñen cámaras
que se hinchan para reter o aire.
Os pneumaticos gastados pódense recauchutar, é dicir, retirar a banda de rodadura gastada e aplicarlle unha nova; isto é rentable nos pneumaticos grandes, xa que aforras unha gran cantidade de diñeiro ainda que, tamén, corres o risco de que este mal posta e que che explote a minima.
Un pneumatico esta cheo de aire a presión. Dependendo do vehículo cada roda vai levar unha presión ou outra; si ten pouca, ten pouco agarre ao asfalto; pero tamén si ten moita, volves a correr o risco de que che explote. Algúns estudios din que o nitroxeno reduce a cantidade de presión que se perde en cada trayecto no coche, pero os compradores non sempre soen facer caso.


Agora tamén se inventaron os Run Flat que son moito máis resistentes aun pinchazo, perda de presión, etc. Algunha xente pensa que os pneumáticos novos deben montarse diante, non é certo. O eixe dianteiro é sempre controlado polo volante, ainda que a adherencia sexa máis débil; e o eixe traseiro beneficiase da adherencia que conseguen as novas rodas.

Etiquetas:

TECNOLOXÍA PARA INVIDENTES

Carmen Diz Fernández

Os problemas de visión, especialmente a cegueira, fan que a vida das persoas que a padecen sexa moito máis difícil que a vida dunha persoa normal. A estas persoas preséntanselles moitos retos que moitas veces non son fáciles de superar. A vida das persoas invidentes non é fácil. Os científicos pretenden desarrollar avances como pantallas táctiles con mellor tecnoloxía e maiores prestacións que as que existen actualmente. Para axudar a estas persoas a adaptarse ao modo de vida cotidiano da mellor maneira posible, creáronse múltiples recursos.
Entre os aparellos que se inventaron, encóntranse os teclados braille para PC, xa que os ordenadores xogan hoxe en día un papel moi importante na vida de calquera persoa. Este proxecto foi iniciado en 2004, pola proposta da ONCE, coordinado polo investigador do Departamento de Microelectrónica e Sistemas Electrónicos de UAB, Jordi Rosy. Estes teclados, permiten combinar as teclas funcionales dun teclado convencional, con oito teclas Braille que permiten escribir en calquera idioma. Estes teclados ofrécenlle ao invidente unha gran facilidade para traballar con fórmulas matemáticas e programas de edición musical. Outro aparello moi útil é o bastón que lles axuda ás persoas invidentes a desplazarse. A estes bastóns, agregáronselles dispositivos como sensores de proximidade, que cando detectan un obxecto cerca, poden facer que o bastón vibre por medio duns pequenos motorcitos que comezan a xirar. Os dispositivos pódense axustar para que, dependendo da proximidade de obxecto vibre máis o menos forte e persoa invidente poderá ubicar a distancia á que se atopa o obxecto. Tamén existen operacións que permiten recuperar a vista. Aínda non están moi extendidas, e moitas, están en fase de experimentación, pero algunhas delas deron bós resultados.
Unha das operacións que xa é posible facer é a de recuperar a vista insertando unha peza dental nun ollo. A peza dental ten que pertencer á mesma persoa e só se pode facer esta operación se o problema se dá nos dous ollos. O motivo polo cal se inserta unha peza dental, é porque poden ser utilizados como implantes de córnea artificial. Este tipo de operacións realízanse cando o paciente non pode recibir un transplante de córnea de forma normal. Outra das operacións, que está en fase preliminar, é a dos implantes de ollos biónicos para recuperar a vista. Fixéronse algunhas intervencións no Hospital Oftalmológico Moorfields de Londres que lles permitiron recuperar a vista a dous pacientes. Aplicóuselles unha tecnoloxía chamada Argus II que está desarrollada pola compañía estadounidense Second Sight. Ambos pacientes, recuperaron un nivel básico de visión e poden distinguir luces e sombras. Argus II está formando por unha pequena cámara de video incorporada a unhas pequenas gafas. Recollen a información do exterior e envíase unha unidade de procesamento que, a súa vez, transfórmaa en sinais eléctricas e devólveaa ás gafas. Os electrodos estimulan a retina que envía impulsos ao cerebro a través do nervio óptico.

Etiquetas:

11 maio 2009

OS VIRUS INFORMÁTICOS: O GUSANO (OU WORM)

Cristina Gómez Mouta


Un virus é un código informático que infecta a medida que se transmite. Ten a capacidade de danar o software, o hardware e os arquivos dun ordenador. Para propagarse dun equipo a outro, adxúntase a un programa ou a un arquivo, de forma que pasa desapercibido.
Actualmente, existen varios tipos de virus,
máis de quince mil diferentes, dos cales estímase que estén en circulación uns 260. Dise que cada día surxen aproximadamente entre seis e nove virus novos.
Un dos máis coñecidos é o chamado “gusano ou Worn” creado por Robert Tappan Morris
no ano 1988. O virus gusano, é un Malware que ten a propiedade de duplicarse a si mesmo. Este reside na memoria do ordenador, e pode provocar danos no equipo e na información do mesmo. Pode viaxar a través da rede, e non necesita ningún tipo de software ou hardware para difundirse. Nun principio transmitíanse a través de disquetes, logo comezaron a utilizar os arquivos que se descargaban de inernet e actualmente utilizan como medio de propagación o correo electrónico ou o e-mail. Por exemplo, podería enviar copias de si mesmo a todos os usuarios da súa libreta de direccións do correo electrónico, expandíndose polos ordenadores dos seus familiares e amigos.

Por sorte na maioria dos casos existe un remedio para acabar con estes virus. Os chamados antivirus. Estes programas rastrean o virus para identificalo na memoria, nos arquivos e no sistema. Si o noso antivirus é bo, el só debe detectar os virus antes de que infecten a nosa computadora, ademáis é convinte actualizalo polo menos cada trinta días, para que siga funcionando correctamente.
O ciclo de vida de un virus, podería resumirse en tres sinxelos pasos:
- Entra no noso ordenador, e inféctao.
- Realiza a súa tarefa de destrucción e comeza a facer réplicas de si mesmo para expandirse por outras computadoras.
- Cando o detecta un antivirus ou o usuario do ordenador, o antivirus actúa e o virus é eliminado.
Hoxe en día, poderíase dicir que convivimos cos virus, pois xa non son descoñecidos para nós e a diario causan problemas en ordenadores
de todo o mundo. Pero a maioría da xente segue a facerse a mesma pregunta día tras día dende que apareceron os primeiros virus; ¿Quen crea os virus? ¿Por que?...
As persoas que crean os virus, son individuos que poden ter calquera idade, xénero, relixión, estado civil ou situación socio económica; só se necesita ter un pouco de coñecemento do uso dos ordenadores e calquera que sepa programar en calquera linguaxe pode escribir un virus nun só día.


Os principais motivos para crear un virus poden ser para demostrar que son verdadeiros expertos en computación, por hobby ou por distintas razóns de orgullo e competitividade entre os programadores de virus.
Outro grupo de programadores, son os que están resentidos contra a sociedade e gozan creando batalla contra os expertos en seguridade.
Pero moitas veces os virus créanos como estratexia de mercado. Os creadores de antivirus crean os propios virus, pois eles crean a enfermidade e a cura, co que fan que as persoas necesiten protexer mellor os seus equipos, xa que si non existiran os virus non sería necesario utilizar antivirus.
Na miña opinión crear un virus é algo que perxudica a todo o mundo e non se debería facer. O que está claro é que o home crea tecnoloxía para destruirse así mesmo.Co paso dos anos a tecnoloxía evolucionará un pouquiño máis e os virus pode ser que sexan máis dañinos do que o son hoxe en día, sen dúbida este tema, seguirá dando moito de que falar no futuro.

Etiquetas:

EVOLUCIÓN DAS PANTALLAS DE ORDENADOR

Raúl Trasande Silva

A definición axeitada para pantalla ou monitor de ordenador sería un dispositivo de saída, que mediante un interfaz, mostra os resultados do procesamento dunha computadora. Existen grandes diferencias entre as pantallas ou monitores antigos cos de agora; por exemplo, as pantallas antigas ocupaban moito espacio á diferencia das planas de agora, xa que as do pasado eran monitores de tubo que ocupaban moito máis,estes monitores básanse nun principio que asemella ao dos televisores (dirixen un fluxo de electróns cara á pantalla mediante un campo electromagnético, realzando un varrido mediante o cal van cambiando a información na pantalla varias veces por segundo) Esta tecnoloxía pode ofrecer imaxes nítidas e fluídas cunha gran facilidade de adaptamento ás distintas resolucións. Claro que isto ten unha dobre cara, porque este tipo de monitores soen emitir unha gran cantidade de radiación de ultrabaixa frecuencia, por isto, é bastante mellor e aconsellable utilizar filtros para que estas cantidades de radiación diminúan considerablemente.

Agora grazas ao tempo e a tecnoloxía as cousas melloraron basatante neste ámbito.Para comezar,os desfasados monitores de tubo(CRT Catode Ray Tube ),xa case non se ven.A``culpa´´de isto é a aparición dos chamados monitores TFT (Thin Film Transistor). Estes monitores melloran unha morea de aspectos fronte aos seus antecesores. Para comezar , esta nova xeración de monitores non ocupan tanto espazo coma os anteriores , xa que estes teñen a virtude de seren planos.Unha innovación fundamental de estes novos monitores é que estes non parpadean , á diferenta dos CRT, xa que a maneira de cambiar a información na pantalla é claramente distinta , sen realizar varridos , isto provoca que a nosa vista descanse máis e mellor , o que evita en moitos casos , para as persoas que traballan con ordenador , futuros problemas oculares.Os novos monitores tamén presentan outras vantaxes de relevancia: admiten conexión dixital ( aparte da analóxica que xa ofrecían os de tubo) ,o se consumo eléctrico é reducido…etc. Claro que non todo son vantaxes, como vimos hai aspectos nos que se mellorou moito , sen embargo , os novos monitores presentan novos problemas , por exemplo , estes monitores son bastante máis caros que os normales , ofrecen , como veremos máis adiante , peor contraste e unha ganma de cores máis reducida, solo son capaces de traballar nunca resolución , e ademais , os seus tempos de resposta son lentos e as imaxes en movemento vénse peor.

Os parámetros nos que máis se notou unha diferenza no tempo entre as dúas tecnoloxías son:
-Primeiramente, notouse un gran avance no parámetro da resolución das pantallas actuales, que non ten nada que ver coas antigas, xa que, estas conteñen unha resolución moito maior que as súas antecesoras, claro que a resolución tamén atende a outros aspectos ; por exemplo ao tamaño do hardware do que estamos falando. Tamén é aconsellable elexir unha resolución menor ou maior dependendo de se a nosa tarxeta de vídeo ten unha tolerancia máis alta ou, polo contario, máis baixa. As novas pantallas , soen ter unha resolución ``nativa´´, isto é que estas pantallas ofrécennos imaxes máis nítidas e claras sendo o resto de peor calidade.Neste parámetro do que estamos falando notase unha clara superiroridade das antigas pantallas coas de agora.Primeiramente é convinte falar de que as CRT, ofrecen unha rápida e efectiva adaptación a calquer resolución da nosa tarxeta gráfica.Os TFT , sen embargo , están pensados para actuar nunha determinada resolución , que como dixemos anteriormente depende do tamaño do hardware. Así os TFT de 15´´ operan cunha resolución de 1024x768 e os de 17´´ cunha de 1280x1024.

-Outro importante apartado é o de brillo e contraste: Actualmente , nos dous tipos de pantallas que estamos comparando , o brillo e o contraste son bastante parecidos. Tanto nas pantallas máis antigas coma nas máis actuais, cobra importancia o feito de ter un monitor co negro ben definido. Nos TFT , podemos encontrar diferentes graos de contraste dependendo do ángulo en que miremos a pantalla.
-Para facer unha axeitada comparación entre os dous tipos fundamentais de pantallas , convén coñecer a fiabilidade de cada un deles. As pantallas máis antigas soen soportar mellor os fallos que afectan a imaxe da pantalla , xa que a pesar disto , normalmente , seguen funcionando ben. Sen embargo , pode dar problemas o seu sistema de frecuencias , distorsionando a imaxe , ou incluso , poden queimarse por ter imaxes estáticas demasiado tempo.
No caso das tecnoloxías de pantalla de vangarda , encontramos en que poden fallar os píxeles individuales das pantallas. Pero polo demais son más fiables que as anteriores.
-Logo están os controles. A maior parte dos actuais monitores soen contar con controles que permiten modificar a imaxe , en cambio , nas obsoletas CRT carecen de controles necesarios para cambiar e solucionar as diferentes distorsións das imaxes.
-Tempo de resposta (sólo para TFT): O tempo de resposta é o tempo que tarda o monitor en varíar a información da pantalla.Nas primeiras pantallas o tempo de resposta era moi largo , actualmente as TFT non teñen case tempo de resposta ; o que ocasiona que non haxa case diferenza neste parámetro coas CRT.
Aquí acaba esta pequena introducción nas diferentas que hai hoxe en día entre os monitores máis antigos , representados polos CRT , e os monitores máis actuais representado na súa banda polos TFT.

Etiquetas:

04 maio 2009

Os móbiles

Yago Baleirón Constantino

Na actualidade hai diferentes modelos de teléfonos móbiles, na súa forma física son case todos fines e da mesma anchura. Cada vez hai máis cantidade de teléfonos en todo o mundo, non importa que sea un país desembolvido ou subdesenbolvido, porque so requiren covertura máis dispoñer de enerxía eléctrica para poder cargar a súa
batería
.
Os móbiles de hoxe en día teñen diferentes usos porque teñen moitas funcións aínda que a máis utilizada polas persoas é o de chamar as persoas ou mandar mensaxes. Outras funcións son como por exemplo: cámara de fotos, as cámaras de fotos teñen diferentes formas de sacar unha foto e sábese se unha é mellor que outra a través dos
megapíxeles tam
én, algúns, incorporan 3G, mp3, bluetooth, videollamada, agenda, calendario, calculadora, xogos Java...
Antes os móbiles parecían ladrillos polo seu tamaño é non tiñan tantas vantaxes como as que ofrecen hoxe en día.

Grazas os móbiles existes hoxe, podemos comunicarnos con persoas en calqueira momento (mentres non estea comunicando) para contarse o que lle sucedeu a un, para comunicar que houbo un accidente, etc.
O mundo de los móbiles é moi competitivo,non so polas compañías comerciales como Movistar ou Vodafone que son das máis importantes que esisten en España, senon tamén polos diferentes modelos como Nokia, Sony Ericsson,Samsung,LG, Motorola,Alcatel...
Ahora tamén se están a facer teléfonos fíjos con
videochamada
, este tipo de llamada ainda non está dispoñible na Comunidade Europea, só está dispoñible en Sudamérica.

Todos os teléfonos traen unha memoria interna que pode ter diferentes tamaños (256MB,normalmente) e tamén,algúns, traen unha memoria externa que consiste nunha pequena tarxeta que se lle mete nunha ranura normalmente lateral, estas memorias extraibles soen ter máis capacidede cun memoria interna(1G, 2G) pero tamén as hai da mesma capacidade cunha memoria interna.
Nestas memorias soense gardar archivos de música, fotos sacadas coa propia camara do teléfono ou descargadas de internet, vídeos, xogos.
As mensaxes que recivimos no teléfono tamén ocupan un espazo da memoria interna, pero algúnhas persoas non o saben.

Etiquetas:

As redes sociais: Un fenómeno social e económico

Andrea Pilar Olivera García

As redes son formas de interacción social, definida como un intercambio dinámico entre, grupos e institucións en contextos de complexidade. Un sistema aberto e en construcción permanente que involucra a conxuntos que se identifican nas mesmas necesidades e problemáticas, que se organizan para potenciar os seus recursos.

En Internet, as redes sociais gañaron o seu lugar dunha maneira vertixinosa converténdose, básicamente, en negocios para as empresas e lugares para os encontros humanos.
Represéntanse en forma dun ou máis
grafos

no cal os nodos representan á súa vez a individuos e as aristas as relacións entre eles. Estas relacións poden ser de distinto tipo, como intercambios financieiros, amizade, relacións sexuais ou rutas aéreas. Tamén é o medio de outra relacións por medio de xogos en liña, chats, foros, spaces...
Segundo o tipo de relacións que se establezan, as redes sociais poden ser:
a) Didácticas (só indican ausencia ou existencia da relación) ou valoradas (nas que a cantidade da relación se poida medir en términos de orde ou de peso).
b) Simétricas (a relación en realidade é a unión entre actores que sempre é recíproca) ou dirixidas (que un membro A teña relación cun individuo B e que non implique que B teña esa mesma relación con A)
Estudos realizados afirman que o 83% dos xoves de España usa alomenos algunha das redes sociais, como son as estadounidenses MySpace, Facebook ou Hi5 ou, pola contra, algunha das españolas Wamba ou Tuenti (esta última, xa líder).

Sen dúbida a maioría das redes sociais son un bó negocio para as empresas que as posúen; como Tuenti, unha das redes máis vistadas en España, con 4.500.000 de persoas rexistradas e que facturou en 2008 máis de 600.000 euros, cifra que espera multiplicar por dez no 2009. Estas cantidades que fan que a empresa estea actualmente valorada nuns 55,88 millóns de euros.
Conocer xente que comparte os nosos intereses, colaborar con eles e compartir información é a parte positiva de pertencer a un destes tipos de redes, pero tamén ten os seus contras, como a perda de
privacidade (sobre to

do en menores), roubo de identidade e difamación . Ó pronto volvémonos accesibles a calquera persoa, e non sempre é bo. Hai que evitar relevar información sensible como teléfonos, direccións e nin falar de contas bancarias e passwords.
Debido a estos aspectos negativos, a Axencia Española de
Protección de Datos
está levando a cabo unha campaña de concienciación sobre a transcendencia que ten que por a disposición de toda a Rede fotos, preferencias sexuais, inquietudes ou credos relixiosos.

Etiquetas: ,

PULSEIRAS ELECTRÓNICAS CONTRA MALTRATADORES

Álvaro Rey Cascallar

As pulseiras son dispositivos electrónicos que actúan como transmisores e serven para a localización de persoas. Normalmente empréganse no caso de reclusos e maltratadores, pero tamén son usadas con algunhas modificacións na seu funcionamento para localizar enfermos de alzheimer, para impedir o rapto de bebés en hospitais e mesmo para controlar a medicación de enfermos crónicos ou terminais.

No caso dos maltratadores, as pulseiras que se empregan en España están feitas dun material irrompible e hipoalerxénico. Estes transmisores poden colocarse tanto na boneca coma no nocello e pesan ó redor de 30gr. Foron creados pola compañía israelí
Elmo Tech.
Para o funcionamento da pulseira son necesarios dous equipamentos: o do agresor e o da víctima.
+ O equipamento do agresor consta de:
-Transmisor: Tamén denominado brazalete ou pulseira. Emite un sinal de radio de forma periódica e as baterías non requiren mantemento. No caso de que o agresor o quite, actívase unha chamada á policía.
-Unidade de localización: A súa función é enlazar,
vía GPS, co centro de control para o envío de información do agresor, controlar a proximidade do transmisor, obter a posición GPS para a súa localización e detectar a entrada e saída das zonas de exclusión.
-Repetidor de proximidade: Consiste nunha antena cunha unidade electrónica receptora-transmisora que se instala de forma permanente no domicilio do agresor e está en constante conexión co centro de axuda.

+ O equipamento da víctima consta de:
-Unidade de notificación portatil: É un equipo do tamaño dun buscapersoas
que indica a proximidade do agresor mediante sonido, vibración e texto de pantalla.
-Unidade de notificación fixa: É un equipo de instalación permanente no domicilio que avisa acusticamente da cercanía do agresor, avisa ó centro de control das situacións de perigo e permite á víctima falar por teléfono GSM co centro.
-Repetidor
de proximidade: É unha antena similar á do equipo do agresor, e que permite a instalación dunha unidade de notificación fixa, en permanente conexión co centro de control.

Como vemos, outra vez a tecnoloxía ó servicio da sociedade. O certo é que aínda así segue a aumentar o número de víctimas de violencia de xénero, ás veces por erros humanos e outras porque a tecnoloxía tampouco e infalible; na memoria de todos o recente caso ocorrido en Pontevedra.

Etiquetas: