20 janeiro 2011

O EDIFICIO MEDIA-TIC DE BARCELONA: O PRIMEIRO 'BROTE VERDE'

María Campaña Otero

Creado por Enric Ruiz-Geli e situado no distrito tecnolóxico do 22@ , como mostra de que é un primeiro 'brote verde' nun contexto de crisis, o edificio Media-Tic é un fórum cidadán de encontro, aprendizaxe e posta en práctica das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Pretende poñer ao servizo do cidadán e da empresa un equipamento para uso intensivo e transparente das TIC, buscando a súa difusión e integración nas empresas. Concíbese como unha instalación equipada coas últimas tecnoloxías e innovacións, e ubicada nun lugar estratéxico para servir de núcleo e zona de presentacións, demostracións e todo tipo de actos. Será un punto de interrelación entre distintas empresas e éstas co cidadán, a través das TIC.

O CZFB (Consorci da Zona Franca de Barcelona) investiu 28 millóns de euros no Media-Tic que acollerá o Internet Interdisciplinary Institute (IN3) e o eLearn Center da Fundació Universitat Oberta de Catalunya (UOC), e a sede do centro de R+D Barcelona Digital.

Jordi Hereu, alcalde de Barcelona, pensa que este proxecto contén todos os valores da cidade e que, na era da información, a arquitectura ha de ser unha plataforma tecnolóxica. O Media-TIC é unha arquitectura dixital construída a partir de procesos dixitais de CAD-CAM.

Enric Ruiz-Geli explicouna "como unha estructura a tracción, non de compresión, unha estructura que educa" e que toma como exemplo o Gimnasio de Maravillas de Alejandro de la Sota, en Madrid.

Descripción da Obra:

É o cuarto do mundo e o primeiro acabado de España que incorpora o revestimento ETFE (Ethilene Tetrafluor Ethilene), que facilita a penetración da luz e o aforro térmico. A pintura de orixe mineral tamén capta a luz solar e fai que manteña un efecto luminoso cando cae a noite, converténdose nun elemento luminiscente, que o seu autor compara cunha medusa. Ademais, consome só enerxía que obtén de placas solares.

O edificio é un cubo con 4 fachadas distintas entre sí, que atenden a funcións específicas segundo a súa orientación. O debuxo do mosaico da pel de ETFE traduce as forzas exercidas polos pilares e columnas, o cal deixa ver un estudo da forma, ata o mínimo detalle. As plantas son diáfanas, abertas e modulables. Éstas son atravesadas por un patio vertical que da continuidade ao edificio e o conecta ao entorno. As plantas quedan conformadas en U, abríndose finalmente a unha das fachadas, que deixa un enorme marco ao exterior.

Buscando a ecoeficiencia do edificio, cúbrese con esta pel de 2.500 m2, que conseguirá un aforro energético do 20% e obterá 42 puntos dos 57 puntos máximos marcados polo Decreto de Criterios Ambientais e de Ecoeficiencia Enerxética dos Edificios. Só co movemento do aire conséguese xestionar toda unha fachada, sen mecanismos industriais, e cuns resultados moi favorables e enerxeticamente económicos.

A pel de ETFE da cara dos “coxíns”, está composta de inflables que dispoñen de ata tres cámaras de aire. Isto, mellora o illante térmico e permite a creación de sombra a través dun sistema neumático. Así, prodúcese un efecto como dunha nube tapando o sol; unha nube intelixente. A capa do medio é a que consegue crear a sombra. A primeira capa é transparente; a segunda e a terceira, dispoñen dun patrón de deseño inverso que, ao desinflarse e xuntarse, compleméntanse, creando unha soa capa opaca. A Configuración ETFE Niebla recubre unha das fachadas cun vestido de nitróxeno. Mediante sensores de temperatura, actívase automaticamente un sistema que inxecta nitróxeno pulverizado nos 32 coxíns verticais, producíndose unha nube de opacidad que actúa como filtro solar.


Etiquetas: , ,

22 abril 2010

SATÉLITES METEOROLÓXICOS

Lucía García Chenlo

Un satélite meteorolóxico é un tipo de satélite artificial que se emprega principalmente para supervisar o tempo atmosférico e o clima da Terra. Porén, poden ver máis que as nubes. As luces da cidade, incendios, contaminación, auroras, tormentas de area e polvo, correntes do océano, etc., son outras informacións sobre o medio ambiente recollidas polos satélites. As imaxes enviadas por un satélite teñen unha determinada escala e resolución espacial.

A configuración básica dun satélite meteorolóxico, consiste nun cámara tomavistas coa función de fotografiar electrónicamente os sistemas nubosos. A información recibida é enviada rápidamente á Terra, debido a que as condicións meteorolóxicas poden variar en moi pouco tempo. A transmisión de estas imaxes televisivas, aínda que ofrecen menor definición que a película fotográfica, permiten a suficiente resolución para o traballo meteorolóxico.

O fenómeno de El Niño e os seus efectos tamén son rexistrados diariamente en imaxes de satélite. O burato de ozono da Antártida é debuxado a partir dos datos obtidos polos satélites meteorolóxicos. De forma agrupada, os satélites meteorolóxicos de China, Estados Unidos, Europa, India, Xapón e Rusia proporcionan una observación casi continua do estado global da atmosfera.
Os satélites meteorolóxico
s convertíronse nunha das ferramentas máis prácticas que producíu a tecnoloxía espacial para a predición do tempo dende que empezaron a lanzarse en abril de 1960. A posta en órbita do TIROS-1, primeiro satélite meteorolóxico, constatou a gran capacidade informativa aportada para o estudo da atmosfera, así como a importancia de observar a Terra dende o espacio. Porén o primeiro satélite lanzado foi o Vanguard 2 pero debido ao seu deficiente eixe de rotación non puido recoller unha cantidade importante de datos útiles.
Os primeiros satélites iban equipados cun rexistrador magnético que almacenaba toda a información recollida durante a órbita de recoñecemento. Ao pasar pola vertical dunha estación de adquisición de telemetría, o satélite transmitía, a alta velocidade, todas as imaxes almacenadas. A partir de 1963 a NASA, co lanzamento do TIROS-8, puxo en servicio un novo sistema de transmisión: o sistema APT (Automatic Picture Transmission). Este sistema, perfeccionado co NIMBUS-1 (1964) e o ESSA-2 (1966), permite a calquera estación de terra recibir a comunicación do satélite meteorolóxico mentres a sobrevoa ou ben percorre alguna órbita adxacente. As imaxes recibidas corresponden á zona (nadir) que está sobrevoando. Desta forma consiguese un acceso a estos satélites, sen depender das estacións de seguimento da NASA.

Hoxe en día distinguense dous tipos de satélites meteorolóxicos:
- Xeoestacionarios: caracterízanse por permanecer sobre un punto fixo con respecto á superficie terrestre e una distancia aproximada de 36mil Km de altura. As imaxes que proporcionan estos satélites teñen unha frecuencia de 30 minutos e a súa resolución espacial vai de 8 a 1 Km. Deste tipo de satélites son os norteamericanos GOES.
A hora e a data indicada na maioría das imaxes satelitales exprésase en UTC, Coordenadas de Tempo Universal, anteriormente coñecido como GMT, Tempo Meridiano de Greenwich.
- De órbita polar: a súa resolución é de 25 kilómetros.As medidas non son paradas polas nubes. Porén, a medida é disturbada por todo o fenómeno que rompa as súas ondas capilares: a chuvia, os ventos fortes... Os satélites meteorolóxicos de órbita polar son explotados por EE.UU., Rusia e China Cun só satélite obtense a cobertura global.
Un dos satélites máis coñecidos hoxe en dia en España é o meteosat. É un satélite de órbita xeoestacionaria situado por enriba do Océano Atlántico e construído pola ESA (Axencia Espacial Europea).

Etiquetas: ,

02 dezembro 2009

AS CÁMARAS DIXITAIS: EVOLUCIÓN E VANTAXES

Raquel Llerena

O 19 de agosto de 1839 anunciouse que Louis Daguerre descubriría un procedemento para fixar a imaxe da cámara escura
por acción da propia luz. Aínda que o proceso era bastante primario e esixía a exposición á luz durante media hora, causou un grande impacto. Terían que pasar 40 anos para que as fotografías fixeran acto de presencia en xornais ou páxinas de libros. Ata o 1839 todos os documentos visuais eran debuxos, grabados ou pinturas. Ao principio utilizábanse cámaras xigantescas, de sobre 20x16 pulgadas. A situación cambiou nos 70 e 80, coa introducción de cámaras pequenas e manexables que posibilitaban a toma de imaxes instantáneas en case calquera situación.

A cámara fotográfica foi perfeccionándose a través do tempo e converteuse nunha importante ferramenta científica e documental de gran importancia na vida do home. Existen dous tipos de cámaras: a analóxica e a dixital. Na súa estructura son similares. A cámara dixital ten un sistema que permite que entre a luz de maneira que se cree unha imaxe nítida. Este sistema pode ser automático ou manual, ou como por exemplo nas Reflex, alternar as dúas maneiras. Nestas cámaras tamén é posible intercambiar os obxetivos para aumentar a distancia focal ou o seu ángulo. Aínda que cámaras dixitais e analóxicas teñen un fotómetro, o sensor de luz das dixitais é moito máis completo.
No que si varían as cámaras dixitais é no método de almacenamento. Nas analóxicas levábase a cabo sobre unha superficie celulosa fotosensible e nas dixitais realízase sobre unha memoria interna ou externa. Por isto, a labor dos fotógrafos diminuiu, xa que se poden gardar un gran número de fotografías que se poden ver grazas a unha pantalla LCD. Neste sentido, a fotografía gañou inmediatez.
A primeira cámara dixital era un armatoste que se alimentaba de 16 baterías e precisaba de 23 segundos para tomar unha foto de só 100 píxeles de alto. As cámaras dixitais teñen moitas vantaxes: non necesitan películas, non hai custos de revelados, a cantidade de tomas que podes facer en cada saída practicamente non ten límites, toma imaxes de boa calidade, ten pouco peso, carece casi por completo de delicadas partes mecánicas, etc. De feito, hai toda una xeración que practicamente non coñece as cámaras de carrete.
A tecnoloxía das cámaras dixitais provén da tecnoloxía para gravar imaxes na TV. Tanto as cámaras de televisión como as cámaras fotográficas dixitais usan o mesmo elemento para capturar a intensidade da luz e a cor: o chamado CCD (Charged Coupled Device, dispositivo de carga acoplada).

Durante a década de 1960, na NASA, as sondas espaciales que sacaban fotografías da Lúa, en vez de realizar aquela conversión, comezaron a enviar á Terra directamente as señais dixitais. Texas Instruments patentou en 1972 a primeira cámara electrónica sen rolo. En 1981, Sony creou a primeira cámara de fotos electrónica que chegou ao mercado, chamada Sony Mavica. As imaxes gravábanse nun minidisc e despois visualizábanse nun aparato de televisión mediante un lector de vídeo ou imprimíanse cunha impresora de cor. Sen embargo, aquela primeira Mavica non podería considerarse unha cámara dixital como tal, xa que en realidade era unha videocámara que captaba imaxes "conxeladas".
O inventor da cámara dixital propiamente dita foi Steven Sassons, a mediados da década de 1970, un traballador de Kodak. O seu prototipo pesaba máis de 3’5 kg e sacaba as fotos en branco e negro cunha baixísima resolución. As fotos víanse nun monitor a parte, xa que aínda non existían as pantallas LCD. Así, Kodak, facíase cuns grandes ingresos. Hoxe Steve Sasson forma parte do Salón da Fama da Electrónica de Consumo, creado no ano 2000. Un merecido lugar para quen foi responsable dun dos inventos máis importantes da electrónica de consumo.

Etiquetas:

18 maio 2009

A FIBRA ÓPTICA, UNHA NOVA MANEIRA DE TRANSMISIÓN DE DATOS

Andrea Pilar Olivera García

- DEFINICIÓN:
Medio de transmisión creado polo físico Narinder Singh Kpani apoiándose nos estudios de Jonh Tyndall que é empleado habitualmente en redes de datos; un fío moi fino de materiais trasparentes, vidro ou materiais plásticos, polo que se envían pulsos de luz que representan os datos a transmitir. Pero a fibra óptica non supera á utilización do cobre, debido a que os gastos de instalación, man de obra e compoñentes deste son máis baratos cós desta fibra.
- COMPOÑENTES DA FIBRA ÓPTICA:
a) Conetores; que segundo o uso, poden ser:
· FC: Transmisión de datos e en telecomunicacións.
· FDDI: En redes de fibra óptica.
· LC e MT-Array: Transmisión de alta densidade de datos.
· SCe SC-Dúplex: Transmisión de datos.
· ST ou BFOC: Redes de edificios e en sistemas de seguridade
b) Emisores de faz de luz: Que, como di a palabra, emiten o faz de luz para poder transmitir os datos, poden ser de dous tipos:
· LEDs: Utilizan unha corrente de 50 a 100 mA, a súa velocidade é lenta, só se poden utilizar en fibras multimodo, inda así o seu uso é fácil e teñen moito tempo de aguante e son baratos.
· Lásers: Utilizan corrente de 5 a 40 mA, son moi rápidos, pédense utilizar cos dous tipos de fibras, pero pola contra o seu uso é difícil, teñen menos tempo de aguante cós LEDs e son moito máis caros.
c) Conversores de luz: Converten os sinais ópticos que proceden da fibra en sinais eléctricos. Obteñen corrente a partir da luz modulada incidente, esta corrente é proporcional á potencia recibida , e polo tanto, á forma de onda do sinal modulador.
Fundaméntase no fenómeno oposto á recombinación, é decir, na xeración de pares electrón-oco a partir dos fotóns. O tipo máis sencillo de detector corresponde a unha unión semicondutora P-N.
- FUNCIONAMENTO:
Despois de que os datos se envíen polos pulsos de luz, o faz de luz queda completamente limitado e propágase polo núcleo da fibra cun ángulo de reflexión por enriba do ángulo de límite de reflexión total, na aplicación da Lei de Snell.
- USO:
Estas fibras son moi utilizadas en comunicacións debido á rapidez de transmisión de datos, en comparación ás que son por radio e cable. Este sistema básico de difundir mensaxes está composto nesta orde: comeza co sinal de entrada, amplificador, fonte de luz, corrector óptico, receptor, amplificador e remata co sinal de saída.
- TIPOS DE FIBRA ÓPTICA SEGUNDO O MODO DE PROPAGACIÓN:
1) Fibra multimodo: na que os faces de luz poden circular por máis de un modo ou camiño. Pode ter máis de mil modos de propagación de luz. Úsanse comúnmente en aplicacións de curta distancia (menos de 1km) sendo a súa distancia máxima de 2km. Utilizan diodos láser de baixa intensidade. E, debido ao seu grande tamaño do núcleo dunha fibra multimodo , é mais fácil de conectar e ten máis tolerancia a compoñentes de menor precisión . Dependendo do índice de refracción neste núcleo, hai dous tipos desta fibra: con índice escalonado ou con índice gradual.
2) Fibra monomodo: Só propaga un modo de luz, para isto redúcese o diámetro do núcleo ata un tamaño (8.3 a 10 micróns). A súa emisión é paralela ó eixe da fibra. Permiten alcanzar grandes distancias (100km como máximo) con lásers de alta densidade.
- APUNTAMENTOS A TER EN CONTA:
A mellor maneira de aproveitar a fibra óptica é instalándoa en terreos ou áreas planas e non en zonas montañosas ou escarpadas, xa que levaría unha maior inversión e os riscos serán tamén mayores na súa colocación, debido a que son zanas máis propensas a sufrir fenómenos naturais como deslaves, que afecten ao dispositivo.
- VANTAXES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
Ancho de banda do medio de transmisión, baixas pérdidas (nunha fibra óptica as pérdidas son as mesmas para calquera frecuencia do sinal ata moi altas frecuencias ) e ningunha pérdida de luz, seguridade pola carencia de señales eléctricas na fibra (polo que é moi utilizada en aplicacións militares), baixo peso a diferencia dun conductor de cobre, insensibilidade á interferencia electromanética , é compatible coa tecnoloxía dixital, facilidade de instalación…
- INCONVENINTES DA UTILIZACIÓN DA FIBRA ÓPTICA:
O seu alto custo, as fibras son moi fráxiles, dispoñibilidade limitada de conectores, dificultade de reparación dun cable de fibras roto no campo.

Etiquetas:

04 maio 2009

Os móbiles

Yago Baleirón Constantino

Na actualidade hai diferentes modelos de teléfonos móbiles, na súa forma física son case todos fines e da mesma anchura. Cada vez hai máis cantidade de teléfonos en todo o mundo, non importa que sea un país desembolvido ou subdesenbolvido, porque so requiren covertura máis dispoñer de enerxía eléctrica para poder cargar a súa
batería
.
Os móbiles de hoxe en día teñen diferentes usos porque teñen moitas funcións aínda que a máis utilizada polas persoas é o de chamar as persoas ou mandar mensaxes. Outras funcións son como por exemplo: cámara de fotos, as cámaras de fotos teñen diferentes formas de sacar unha foto e sábese se unha é mellor que outra a través dos
megapíxeles tam
én, algúns, incorporan 3G, mp3, bluetooth, videollamada, agenda, calendario, calculadora, xogos Java...
Antes os móbiles parecían ladrillos polo seu tamaño é non tiñan tantas vantaxes como as que ofrecen hoxe en día.

Grazas os móbiles existes hoxe, podemos comunicarnos con persoas en calqueira momento (mentres non estea comunicando) para contarse o que lle sucedeu a un, para comunicar que houbo un accidente, etc.
O mundo de los móbiles é moi competitivo,non so polas compañías comerciales como Movistar ou Vodafone que son das máis importantes que esisten en España, senon tamén polos diferentes modelos como Nokia, Sony Ericsson,Samsung,LG, Motorola,Alcatel...
Ahora tamén se están a facer teléfonos fíjos con
videochamada
, este tipo de llamada ainda non está dispoñible na Comunidade Europea, só está dispoñible en Sudamérica.

Todos os teléfonos traen unha memoria interna que pode ter diferentes tamaños (256MB,normalmente) e tamén,algúns, traen unha memoria externa que consiste nunha pequena tarxeta que se lle mete nunha ranura normalmente lateral, estas memorias extraibles soen ter máis capacidede cun memoria interna(1G, 2G) pero tamén as hai da mesma capacidade cunha memoria interna.
Nestas memorias soense gardar archivos de música, fotos sacadas coa propia camara do teléfono ou descargadas de internet, vídeos, xogos.
As mensaxes que recivimos no teléfono tamén ocupan un espazo da memoria interna, pero algúnhas persoas non o saben.

Etiquetas:

30 abril 2009

A videochamada nos teléfonos

Alba Rey Pazos

A videochamada, ou videoconferencia, é a comunicación simultánea de audio e video, permitindo manter reunións con grupos de persoas situadas en lugares alexados entre si.
A videoconferencia proporciona importantes beneficios como o traballo colaborativo entre persoas xeográficamente distantes e unha maior integración entre grupos de traballo.
Historia da videochamada:
En 1964 presentouse un prototipo de videoteléfono que podía transmitir video, e o seu coste era de máis de mil dólares un minuto. Nos anos 70 comenzou unha transición cara métodos de transmisión dixitais. A principios dos 80 utilizaron unha tecnoloxía coñecida como codificación da Transformada Discreta do Coseno ( DCT ). E a mediados dos 80 mellorou a tecnoloxía dos códecs e tamén se observou unha baixa dos costes. Nos anos 90 os equipos que se vendían eran máis lixeiros e reducidos. Agora, mercar un teléfono con videochamada non resulta moi caro.
A telefonía “3G” converteuse nunha importante liña de negocio para operadores e fabricantes. Dende un mesmo dispositivo o usuario pode acceder a innumerables funcionalidades, como a descarga de contidos de Internet, a videochamada ou a televisión.
¿Cómo funciona?
As videochamadas realízanse dunha forma similar as chamadas de voz. A única condición é que, tanto o emisor da chamada como o destinatario, teñan un dos terminales de terceira xeración.

Para mellorar a calidade da imaxen é importante:
+ Colocar o teléfono a uns 30 cm de ti, de modo que vexas na pantalla o teu rostro.
+ A luz ten que iluminar a túa cara sen deslumbrarte e non iluminar directamenta á camara.
+ O fondo no que te coloques debe de ser homoxéneo e claro.
+ A calidade de imaxe será moito mellor se non realizas movementos bruscos e mantés a conversación tal e como o farías habitualmente.

Normalmente o custo de establecemento da chamada é de 0.12€, e o coste da chamada é de 0.50€ por minuto.

Etiquetas:

¡¡¡¡O DVD morre!!!!

Uxío Baliñas Losada

Coa chegada da televisión dixital e a sua necesidade de soportes con máis memoria, a industria tecnolóxica xa decretou a morte do DVD. Sony e Toshiba xa emprenderon a carreira para reemplazarlo.

Os DVDs comuns e corrintes, din ambos lados, xa no son o suficientemente grandes como para almacenar as imáxenes que produce o HDTV, que requiren moitaa memoria.
O fundador e dono de Microsoft, Bill Gates, cree que "a tecnologxía faranos máis fácil o futuro", pero mostrase convencido de que as películas e filmacions en DVD non son un producto que vaia a sobrevivir demasiado tempo.
Nunha entrevista co diario alemán Bild, Gates explica este martes que o sistema do DVD non e suficientemente práctico para sobrevivir, e aventura que non pervivirá durante máis de dez años, pois no futuro -apunta- habrá unha televisión interactiva que "sabrá" cáles son os nosos programas favoritos.
+ HD-DVD: E un formato de almacenamento óptico desenrolado como un estándar para o DVD de alta definición polas empresas Toshiba
, Microsoft e NEC , así como por varias productoras de cine.
+ BLU-RAY: E un formato de almacenamento óptico desenrolado para desfacer o monopolio de Microsoft co DVD e darllo a Sony
o que esta asociado a un grupo maioritario de empresas como 20 Century Fox, Buena Vista Home Entertaiment, Panasonic, Philips, Pioneer, Samsung, PS3 entroutros.


>>> Comparativa (Blu-Ray +++ HD-DVD)
Capacidade: 25GB e 54GB +++ 25GB e 30GB
Lonxitude de onda do raio láser: 405nm +++ 405nm
Tasa de Transferencia datos: 36,0 / 54,0 Mbps +++ 36,0 / 55 Mbps
Formatos Soportados: MPEG-2, MPEG-4 AVC, VC-1 +++ MPEG-2, VC-1
Resistencia a raias e suciedade: Si +++ Non
Resolución máxima de vídeo: 1080p +++ 1080p

A semana pasada Warner Bross anuncióu que deixará de producir as suas películas de alta definición en ambos formatos (Blu-Ray y HD-DVD) para emplear exclusivamente no primero. Según a gran maioría dos analistas, o feito de que o xigante de Hollywood haia votado dun modo tan claro entre ambos formatos decanta a balanza definitivamente hacia o Blu-Ray, xa que ahora este formato gana claramente a HD-DVD no que se refiere a estudios de cine que o soportan.

Etiquetas: ,

Wifi, posible risco para a saúde

Eva Limeres

O wifi (Fidelidade Inalámbrica polas súas siglas en inglés) é unha tecnoloxía avanzada, con respecto as redes inalámbricas, que ata fai pouco deron por anunciar que era un posible risco para a nosa saúde. Segundo varios análises, non se coñecen suficientemente ben os problemas que causan as ondas de radio, é moi posible por non dicir, que é seguro, que a súas transmisións son de tres veces máis potentes que as emitidas pola torre de telefonía móbil.
Aínda que non se pode afirmar que sexa malo para a saúde, fai uns anos anunciaban que as torres de telefonía móbil
non podían estar preto das escolas, quizais esto xa sexa tarde, pois agora nas escolas ou na maioría delas teñen zona wifi e, posiblemente, ó chegar a casa tamén estean rodeados desas ondas que nos poden causar efectos na nosa saúde, pero que polo momento non se encontrou ningún defecto.
Como afirman moitos profesores especializados, eles non lle deixarían ós seus fillos pasar moito tempo pegados a un ordenador que estivera producíndolle esas radiacións aínda que non causaran ningún problema, pero mais vale previr que lamentar, afirman.
A pesar de que o Wifi é unha tecnoloxía doada de manexar e que esta moi revolucionada na forma de conexión, traerá consigo bastantes problemas para o futuro. Con isto quero dicir, que se encontraron problemas polo seu uso. Aínda que a exposición das ondas wifi
soen ser moi pequenas, xa que son transmisores de baixa potencia e soen estar a distancias do corpo, vivir nun entorno wifi, debe estar vixiado.
Pódese deducir que a radiación de microondas no rango da frecuencia Wifi causa cambios de conducta, xa que altera as funcións cognitivas
, activa a resposta do estres e interfire nas ondas cerebrais.
Como podemos comprobar entre as tecnoloxías das torres de control de telefonía móbil, o bluetooh..., o máis prexudicial para a nosa saúde sigue sendo o wifi, xa que as outras tecnoloxías non aportan problemas algúns.

O bluetooh
permite enviar: información, musica, fotos, etc.; e polo que se ve aínda non ten ningunha radiación que nos poida causar problemas cerebrais ou de ansiedade. Por outra parte, as torres de telefonía móbil aínda que antes de que se puidera deducir os problemas que causa o wifi, viña sendo o que nos preocupaba, xa que emitía ondas que causaban algunhas incomodidades. Despois de que saíu a luz o problema do wifi e como si se esqueceran dos problemas das torres de telefonía móbil, deixando a un lado esas radiacións que agora ó lado do wifi non viñan sendo nada. Non obstante as torres de telefonía móbil seguen proxectando esas radiacións que ninguén lle da interese por mirar por elas. Isto é debido a tecnoloxía wifi, xa que cando inventan algún obxecto novo esquecense por completo dos anteriores, deixando os problemas que estes causaban ó aire libre e despreocupándose deles.
Polo momento, aínda esta permitido utilizar esta nova tecnoloxía nos lugares onde poidas coller as ondas. A xente soe ter aparellos nos que a través de antenas as ondas son mellor captadas e así prodúcese o contacto co internet.
As novas propostas que suxiren agora nos pobos pequenos son estender antenas por todo o pobo e así os cidadáns/as poidan ter acceso a internet dunha forma gratuíta, e a unha velocidade de 54 Mbps (mega bits por segundo) motivo polo que se entende que non debe ser moi perigoso o problema do wifi coa saúde.
No entanto, con esto quero terminar, dando por aclarado, que os problemas do wifi non son aínda moi prexudiciais no que levamos traballado con eles, pero iso non quita que nos esquezamos del, deixando de lado como se fixo con moitas outras tecnoloxías que por sorte non causaron graves problemas.

Etiquetas: ,

A holografía e a primeira televisión holográfica

Mireia García

-¿Que é a holografía?
A holografía é unha técnica que produce imaxes nunha placa fotosensible, pero o método utilizado para facer esto é totalmente diferente. A holografía produce unha imaxe chamada holograma, nesta imaxen queda rexistrada toda a información visual en forma tridimensional do obxeto do cal se quere sacar o holograma. Na holografía non se graba a imaxe do obxeto, o que se rexistra na placa fotosensible, na que se quere grabar o holograma, é a interferencia xenerada polo haz de referencia e a luz reflexada polo obxeto que é producida pola haz do obxeto. O haz do obxeto, refléxase sobre o obxeto do cal queremos sacar o holograma, e esta luz reflexada xenera unha interferencia ao contrastarse coa luz do haz de referencia. Despois de quedar grabado o holograma na placa fotosensible, esta placa ten un proceso de revelado moi similar ao revelado fotográfico. Unha vez que se ten a placa revelada do holograma para poder velo de novo, enfocamos o haz de referencia sobre a placa, facendo que apareza de novo unha imaxe virtual en tres dimensións do obxeto do cal sacamos o holograma.

-Aplicacións da holografía.
A holografía ten moitas aplicacións no mundo actual, entre moitas delas compren destacar:
*A xeneración de imaxes médicas tridimensionais
.
*A determinación de deformacións de obxetos que han estado baixo presións.
*Tensións ou cambios de temperatura.
*A implantación de hologramas en dispositivos de seguridade como tarxetas de acceso ou área de seguridade.
*A aplicación de técnicas holográficas para o almacenamento de informacón.

-Os distintos tipos de hologramas.
Os hologramas, as imaxes que produce a holografía, poden aparecer no mundo de moitas formas, e cada unha delas, son distintas.
Hologramas de Fresnel
: son un dos tipos de hologramas mais simples, aínda que tamén, son os mais reales e impresionantes, pero teñen o problema de que soamente se poden observar coa luz dun láser.

* Hologramas de reflexión: este tipo de hologramas, foron inventados por Y. N. Denisyuk, na Unión Soviética. Diferénzase dos outros porque o haz de referencia, chega por detrás e non polo frente. Este tipo de hologramas ten unha ventaxa, que se pode observar cunha lámpada normal.


* Hologramas de plano imaxen: son aqueles nos que o obxeto se coloca sobre o plano do holograma, o obxeto non está físicamente colocado nese plano. A imaxen real do obxeto, é a que se coloca no plano da placa fotográfica. Para observar estes hologramas, é necesario un láser.

* Hologramas de arco iris: estes tipos de hologramas foron inventados por Stephen Benton, en 1969. Con estes tipos de hologramas, non soamente se reproduce a imaxe do obxeto deseado, senon que ademais, reprodúcese a imaxen real dunha liña horizontal, sobre os ollos do observador/a. A través desta imaxen, aparece o obxeto holográfico, flotando no aire. Este tipo de hologramas, ten unha gran ventaxa, que as imaxes se poden observar iluminando o holograma coa luz branca dunha lámpada incandescente
común.

* Hologramas de cor: os hologramas de cor, pódense lograr se usamos varios láseres de distintos cores, tanto durante a exposición como na observación. Por desgracia, as técnicas usadas para levar a cabo estos hologramas son complicadas e moi caras. Ademais, a fidelidade dos cores non é moi alta, que se poida decir.

* Hologramas prensados: estes hologramas son xeralmente de plano imaxen ou de arco iris, a fin de facelos observables, con luz branca ordinaria. Pero o proceso para obtelos é diferente, en lugar de rexistralos sobre unha placa fotográfica, úsase unha capa dunha resina fotosensible, chamada Fotoresist. Coa exposición á luz, a placa fotográfica, ennegrécese. Pola sua contra, a resina, adelgaza neses puntos. Tamén dito doutra forma, a información non queda grabada no holograma como un Sistema de franxas de interferencias obscuras, senón que queda como un Sistema de surcos microscópicos.

* Hologramas de computadora: As franxas de interferencia
que se obteñen con calquera obxeto imaxinario ou real pódese calcular, cunha computadora. Unha vez calculadas estas franxas, pódense mostrar nunha pantalla e logo fotografiar. Esta fotografía sería un holograma sintético. Este tipos de hologramas teñen unha gran desventaxa, e é que non é nada fácil, representar obxetos moi complicados e con detalles. Pero tamén ten unha gran ventaxa, e é que se pode representar calquer obxato imaxinario. Esta técnica, é moi útil na interferometría.

-CLARO Holoscreen.
Claro holoscreen é o nome da primeira televisión holográfica que existe no mundo. O equipo cuxas imáxenes parecen hologramas, non só funcionan como televisión. Teñen entradas para DVD, computadoras e consolas de xogo. Sábese que Xapón é a cuna da tecnoloxía e é por iso que eles son os primeiros en poñer á venta á que ben podería ser a televisión de futuro.
Esta televisión ten a panatalla máis plana do mundo, é moi similar á dunha televisión normal, pero nesta pantalla, refléxanse as imáxenes que parecen hologramas. A venta destes equipos é casi unha exclusuvidade. Para adquirir unha das 50 que saldrán ao mercado, os interesados deberán acercarse á tenda de Harrod´s en Londres e terán que pagar preto duns 30.000 dólares.
O producto fai que os espectadores teñan a sensación de que a imaxe se atopa suspendida en medio do aire, algo que recrea a un holograma. Así mesmo, explica que a imaxe aparece na pantalla gracias á luz que desprende o seu proyector. Cando chega á tela transparente, a luz representa a imaxe como un auténtico holograma, aínda que realmente non o sexa.
A pantalla é de 1´5 metro por 1 metro, mentres que o espesor é de 10 mm.Según indica o fabricante, a pantalla posee entradas para televisión por cable, satelital, DVD, video, computadoras, laptops e consolas de xogos como a Play Station, todas esas funcións con apenas apretar un botón de econtrol remoto.
Por si queda algunha dúbida, a cada un dos computadores se lles ofrecerá a instalación do producto e toda a información necesaria sen cargo para... encenderse e disfrutar.


Etiquetas:

15 outubro 2007

O BLUETOOTH, ESE GRAN AMIGO

Adrián Castroagudín Silva

Chamamos bluetooth a esta nova tecnoloxía que nos permite enviar e recibir datos cunha extrema facilidade. O nome de Bluetooth recíbeo en honor ao vikingo sueco Dentes azuis que se di que pisou terras americanas uns séculos antes que o noso Cristovo Colón.
Esta tecnoloxía agora mesmo abrangue a case tódolos aspectos da vida moderna. (imaxe 2) Temos o caso dos móviles, onde nos permite intercambiar fotos, melodías e mesmo enviar sms. Ou mesmo o seu mans ceibes, que usa a frecuencia do bluetooth.(imaxen 1)
Tamen se está comezando a dar o caso de escritores que escriben xa as súas novelas única e exclusivamente para ser transmitidas vía bluetooth.




O outro día, o meu amigo (chamalle amigo,chamalle x) Pedro comentoume que oira falar de mp3 e mp4 que tamén utilizaban a tecnoloxía Bluetooth.

E falando de Bluetooth, temos o caso das gafas de sol que ofrecen un sistema de radio chulisimo e moi fashion, son gafas que teñen un mp3 incorporado e levan tecnoloxía bluetooth.
Deixando aparte o tema das gafas pero seguindo co dos mp3, ofrezovos o terror das nenas (e non é Chaves, o melenas) senón as TETAS MUSICAIS

No campo das videoconsolas, a nova Playstation 3 trae de fábrica os novos mandos bluetooth,
que nos permiten xogar a unha distancia consideradamente lexos,tendo en conta que poidas ver a pantalla.

Etiquetas:

A EVOLUCIÓN DOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GRAZAS ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

Jennifer Romero Sanmiguel

Os comunicadores sociais definen a información como toda mensaxe que está feita para dar a coñecer a outros individuos as nosas emocións, sentimentos, formas de pensar, situacións na que nos atopamos, etc... A través de certos símbolos, signos e palabras que nos permitan entendernos cos demáis. Por outra parte a comunicación recoñécese como un proceso de intercambio de información, un intercambio de ideas cuxo resultado é alcanzar ideas novas ou reforzar as ideas xa coñecidas. Debe ser por iso que na historia do mundo, as revolucións da humanidade estiveron marcadas polos grandes avances que se deron na capacidade de comunicación do home.




Satisfacer cada vez mellor as necesidades comunicativas foi unha constante na vida do home. Por iso, este desexo de mellora, foi o impulso que logrou a creación no mundo de instrumentos cada día máis poderosos e veloces no proceso comunicativo. É sinxelo ver como resultou este proceso: os métodos de comunicación foron dende rudimentarios métodos como a escritura xeroglífica, pasando pola invención do alfabeto e do papel, máis tarde a imprenta, e un tempo despois outros moito máis elaborados como o teléfono , o cine, a radio a televisión e a prensa.

Todos estes instrumentos foron un avance nas formas de comunicación do home e, prácticamente todos, foron posibles grazas á tecnoloxía, que a súa vez foi o instrumento cuxa evolución determinou o avance da humanidade.

Na historia da humanidade, os cambios no ámbito tecnolóxico, ligados estes ós cambios nos aspectos comunicativos do home, foron os promotores do desenvolvemento da especie e, en gran medida, provocaron cambios de “época”. A aparición da agricultura na etapa primitiva, a Revolución Industrial no século XV, son algúns dos exemplos máis claros.


Os diferentes e perfeccionados medios de comunicación que se empregan na actualidade son unha maneira de mostrar cómo o home se comunica cos seus semellantes e debido ós grandes avances que coñecemos, poderíase pensar que a situación actual é inmellorable. Non obstante a humanidade segue crecendo, evolucionando e, mentres o home exista, a súa búsqueda para comunicarse máis e mellor non se deterá. Por tanto a evolución da comunicación humana segue en marcha.

Etiquetas:

22 maio 2007

GPS

Pedro Piñeiro Rodríguez

O Sistema de Posicionamiento Global (máis coñecido como GPS, ou o seu nome correcto NAVSTAR GPS) é un sistema global de navegación por satélite (GNSS), o cal permite determinar en todo o mundo a posición dun obxeto, unha persoa, un vehículo ou unha nave, cunha precisión de ata centímetros, ainda que o habitual son uns poucos metros. El sistema fue desarrollado por el Departamento de Defensa de los Estados Unidos.

O GPS utilizase na navegación terrestre, marítima e aérea, moitos coches incorporan na actualidade para atopar direccións ou indicarlle a situación á grúa. Tamen se utiliza no salvamento, deportes nauticos e aereos, acampada e ocio. Asi coma no “xeocaching” , actividade que consiste en buscar "tesouros" agochados e para o rastreo e recuperación de vehículos.

O GPS funciona mediante una rede de 24 satélites (21 Principais e 3 de axuda) na órbita sobre o globo, a 20.000 km, con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie da terra. Cuando se desexa determinar a posición, o aparato que se utiliza para iso localiza automáticamente como mínimo catro satélites da rede, dos que recibe unhas señais indicando a posición e o reloxo de cada un deles (a hora da zona na que se atopa cada satelite). Despois utilizando estas señais, o aparato sincroniza el reloxo do GPS e calcula o retraso das señais, e decir, a distancia ó satélite. Por "triangulación" calcula la posición en que éste se encuentra.

A antigua Unión Soviética tiña un sistema similar chamado GLONASS, aora xestionado pola Federación Rusa.

Actualmente a Unión Europea intenta lanzar seu propio sistema de posicionamiento por satélite, denominado 'Galileo'


A continuación adxunto unha lista coas 3 cousas indispensables para que fincione un GPS:

1º Sistema de satélites: Está formado por 24 unidades con traxectorias sincronizadas para cubrir toda a superficie do globo terraqueo. Máis concretamente, repartidos en 6 planos orbitais de 4 satélites cada un. A enerxía eléctrica que requiren para o seu funcionamiento adquierena a partir de dous paneis compostos de celas solares adosadas a seus costados.

2º Estacións terrestres: envían información de control ós satélites para controlar as órbitas e realizar o mantemento de toda a constelación.

3º Terminais receptores: que nos indica a posición na que nos atopamos, coñecidas tamén como unidades GPS, son as que podemos adquirir nas tendas especializadas.

Etiquetas: ,

21 maio 2007

A REVOLUCIÓN DOS SMS

Silvana Lema Saborido

O servizo de mensaxes cortos ou SMS(Short Message Service) é un servizo disponible en todos os teléfonos móviles que permite o envio de mensaxes cortos(tamén txts ou msjs) entre teléfonos móviles, teléfonos fixos e outros dispositivos de man. SMS foi diseñado orixinalmente como parte do estándar de telefonía móvil dixital GSM, pero na actualidade está dispoñible nunha amplia variedade de redes, incluíndo as redes 3G.

O uso de novas tecnoloxías certamente teñen algo de moda en moitos casos algúns productos e servizos deste tipo non sobreviven as exixencias do mercado e á realidade do uso cotiá. Sen embargo aqueles que cobren unha necesidade real, que teñen un uso simple, que aumentan a productividade e/ou reducen os costos, é dicir que en definitiva ofrecen un valor añadido a aqueles que o usan,esos, acaban por imponerse incluso nos casos que ninguén o esperaba. Ocaso reciente máis emblemático é o dos mensaxes de texto a móviles ou SMS que se convertiron nunha ferramenta de comunicación tremendamente popular e extendida.

Agora tamén hai mensaxes que se autodestruén en 40 segundos,con este sistema xa non te arrependirás nunca máis de enviar ese mensaxe que logo van lendo máis persoas das que ti querrías que o houbesen lido.Cando o mensaxe é enviado, o receptor recibe un aviso co nome da persoa que o envia e un enlace ao mensaxe. Tras abrilo, o texto desaparecerá en 40 segundos.

En España, o crecente aumento do negocios dos mensaxes SMS creou negocios en torno ao envio de logos, sintonías ou xogos para móviles, pero sobre todo gracias os concursos televisivos.

¿QUÉ SIGNIFICAN OS DIFERENTES TIPOS DE MENSAXES?

Á hora de enviar unha mensaxe empleando un dos métodos SendMessageFull, deberá establecer un tipo de mensaxe. Éste pode ser un dos seguintes:

TEXTO: Unha mensaxe de texto estándar de 160 caractéres.

UNICODE: Unha mensaxe que contén caracteres Unicode. A lonxitude máxima de unha mensaxe Unicode é de 70 caracteres.

SmartMessage: Unha mensaxe que é conforme o formato Smart Message (Mensaxe intelixente). Este tipo deberá establecerse cando se envíen logotipos de operadores, tonos de chamada, mensaxe WAP Push, etc.

BINARIO: Para enviar datos binarios sin procesar o teléfono desexado. Utilízase principalmente para enviar mensaxes a dispositivos distintos de teléfonos móviles. Os logotipos de operadores, tonos de chamada , etc.

Etiquetas:

04 dezembro 2006

O APAGÓN ANALÓXICO

Daniel Barral de Jesús

A televisión dixital terrestre é un sistema de difusión que utiliza a tecnoloxía para a transmisión da imaxe, o son e servizos interactivos ou de acceso á sociedade da información.
En 2010 a programación televisiva emitirase unicamente en formato
dixital
, o que requirirá adaptarse e suporá certos beneficios:

* Aproveitamento do espectro radioeléctrico (maior número de canles).
* Maior calidade de imaxe e son.
* Maior interactividade.
* Mezclar sinais dixitais con sinais doutro tipo posibilitando o subministro de novos servizos a través dunha mesma rede, así como aplicacións multimedia.
* O
TDT
tamén permite formatos mellorados de vídeo (panorámico ou 16:9), así como un son dixital multicanal/multilingüe, son dixital Dolby 5.1 e subtítulos en diversas linguas.
* O TDT posibilita o acceso a
servizos interactivos
baseados no estándar MHP (Multimedia Home Platform): guías electrónicas de programación (EPG), enquisas, concursos, etc.

A televisión por ondas hercianas, cabo ou satélite ten, cada unha delas, un papel a desempeñar no futuro. O TDT carece do
ancho de banda do cabo
(que é a cantidade máxima de datos que poden pasar por un camiño de comunicación nun momento dado: canto maior sexa o ancho de banda máis datos poderán circular por ela en cada segundo), ou da universalidade do satélite (que chega a calquera punto da superficie terrestre) pero pode ser recibida de forma portátil e móbil, ten unha capacidade de cobertura de case o 100% e o seu custe de adaptación é mínimo. O TDT, a diferencia da televisión dixital satelital e por cabo, emiten as 24horas do día en aberto e as canles son totalmente gratuítas.



A implantación de
Redes de Frecuencia Única
(XFU), permite que a frecuencia dun único canal múltiple de televisión dixital terrestre se poida repetir en varios transmisores dunha mesma zona xeográfica.

Na altura de 2006, o 38% dos fogares tiñan acceso á televisión dixital vía satélite, o 24,2% polo cabo e o 22,3% a través da TDT.

Etiquetas:

01 dezembro 2006

O QUE HAI DETRÁS DAS CÁMARAS DE TELEVISIÓN

Andrea Tilves Fernández

Todo o mundo estamos acostumbrados a ver os
programas de TV sen saber cantas persoas hai detrás das cámaras. So vemos aos presentadores. Pero detrás de todo iso están os productores, guionistas, presentadores, maquillaxe e perruquería, iluminadores (os eléctricos), técnicos de sonido (os sonoros), realizadores,directores artísticos, rexedores, directores, xefes e axudantes. Se queres saber quen son, a qué se adican estes profesionais, cales son as súas aportacións no resultado final... Atención todos previdos...¡Dentro!



Funcións:

Productores: Consiste en dirixir a organización do programa. Tamén seleccionan ideas, controlan o presuposto e coordinan o equipo de realizacións e direccións.Tamén realizan as tarefas de campo, contratacións, citación e control dos elementos de grabacións. Na grabación propiamente dita non soe haber interferencia por parte da cadea televisiva, a pesar de que é frecuente que a emisora conte na
gravación cun productor delegado coa súa función.

Realizador: a sua labor primordial céntrase na representación do texto. Ten a responsabilidade da posta en escea, dividir os actores, decidir o tratamento visual e sonoro, determinala planificación, seleccionar o material grabado e supervisar a edición do programa. A sua figura equivale a do director de cine.

Focos: Os focos que se utilizan tanto para o público como para o presentador son focos que dan calor. Sobre 20 focos mais o menos os que hai no teito.

Etiquetas:

O INCRIBLE MUNDO DO TEATRO TECNOLÓXICO

Silvana Lema Saborido

Hoxe en día todo estase modernizando a través da tecnoloxía, ¡¡incluso o teatro!!.

Aquí veremos dous casos do chamado teatro tecnolóxico,
como as óperas en 3D ou do teatro virtual.

1.
ÓPERAS EN 3D


O Gran Teatro de Liceu de Barcelona, desde que se incendiou en 1994, fixo grandes renovacións que abarcan desde a venta de entradas e abonos ata a recreación virtual.




Entre os recursos máis novedosos cos que conta agora o centro encóntrase Katia, un sistema para a dirección técnica do teatro. Trátase dun programa de enxeñería, con utilidades de realidade virtual, que permite crear representacións virtuais en 3D das escenografías. Deste xeito, pódese analizar a súa viabilidade e facer as modificacións necesarias antes de proceder á súa montaxe física. Ademais, o sistema aporta diversos datos que permiten valorar o tamaño, o peso e os movementos da escenografía, así como a súa visibilidade dende calquera butaca; para iso, utilízase un modelo virtual do escenario e outro da sala.

Tamén estase empezando a traballar con tecnoloxías de realidade virtual aplicadas á producción. Todo isto traducirase en importantes aforros para o teatro, que nunha soa tempada ofrece máis de 40 espectáculos diferentes, o que supón cerca de 300 funcións e máis de 400.000 espectadores.

2.
TEATRO VIRTUAL


O museo da Acrópole
terá un teatro virtual. Na sala mostraranse as diferentes etapas da reconstrucción dos monumentos da Acrópole, en especial dos templos do Partenón e do Erection.

O
novo museo da Acrópole de Atenas
, conxunto de monumentos universais de máis de 25.000 anos de antiguïdade, disporá da 1º sala de realidade virtual no mundo cando abra as súas portas no 2007.

Tamén instalarase na Roca sagrada, onde se erixiron os catro monumentos da Acrópole, un sistema de estancos informativos, e crearase un arquivo dixital do Servizo da Preservación dos monumentos da Acrópole, unha biblioteca electrónica e DVD’s, aos que se terá acesso dende internet.

Etiquetas: ,

DOMÓTICA: A CASA AUTOMÁTICA


Adrián Castroagudín Silva

O termo domótica
procede da unión das palabras domus (casa en latín) e robótica (robota: escravo en Checo).
Enténdese por domótica o conxunto de sistemas capaces de automatizar unha vivenda, aportando servizos de xestión enerxética, seguridade, benestar e comunicación que poden estar integrados por medio de redes interiores e exteriores de comunicación, cableados ou inalámbricos.





Poderíase definir como a integración da tecnoloxía no deseño intelixente dun recinto.



A aplicación da domótica nunha vivenda logra un incremento da comodidade grazas á automatización do control de luces, persianas, fiestras, cortinas e enchufes. Por poñer un exemplo, un sistema domótico pode baixar as persianas cando chove, para que non se mollen os cristais ou cando fai sol.

A domótica persigue a optimización na xestión de consumos: enerxía eléctrica, gas, recursos hídricos e persigue un uso das enerxías renovables como a solar, a xeotérmica
e a eólica. Nas casas domóticas, sempre ten que haber placas solares no tellado.

Hoxe en día unha vivenda é algo vivo


Outra das vantaxes é a automatización de tarefas: rega, encendido dos servizos a certas horas...

A seguridade tamén se logra neste tipo de construcións por medio de alarmas, vixiancia antiincendios e deteción de fugas de gas e de auga.

A domótica céntrase en catro aspectos fundamentais
1. Mellora da comodidade
2. Aporta máis
seguridade
3. Permite novas formas de comunicación
4. Reduce dos gastos enerxéticos


Os sistemas domóticos constan dun ou varios elementos, dos que podemos facer a seguinte clasificación:
- Controlador:é a central que xestiona todo o sistema.
- Activador: é o dispositivo capaz de recibir unha orden do controlador e efectuala.

- Sensor: é o dispositivo que está monitorizando permanentemente un entorno coa finalidade de avisar ao controlador para que este lle dea unha orde ao activador, como por exemplo: activar un interrutor

Etiquetas: , ,