CASAS ECOLÓXICAS: AFORRAR DIÑEIRO COIDANDO O MEDIO AMBIENTE
Raquel Llerena Morales
Vivir nunha casa que permite aforrar na factura de auga e luz e que mantén o calor no inverno e o frío no verán e que non cause problemas no medio ambiente nin na saúde é posible grazas ás casas ecolóxicas. Aínda con todas estas vantaxes seguen sendo unha excepción polo alto custo (que acaba compensándose co tempo), e a falta de materiais ecolóxicos no mercado, que pon freno ao seu desenrolo.
Os expertos na construcción ven cada vez máis importante adaptar as vivendas a criterios ecolóxicos, para garantir a saúde dun mesmo e a do medio ambiente e que nun futuro sexan máis baratas. Unha casa totalmente ecolóxica debería construírse con materiais e métodos respetuosos co medio ambiente e con criterios que supoñan un aforro enerxético, de maneira que consiga un crecemento sostible.
Por exemplo, edificios bioclimáticos que tendo en conta o clima e a súa orientación aproveitan a luz e o calor diurno, como tamén o frescor nocturno de maneira que a vivenda poida prescindir doutras fontes de enerxía que fan o mesmo. Aínda que pode haber edificios bioclimáticos que non respeten a bioconstrucción nos seus materiais ou no tratamento dos residuos. Sen embargo un edificio bioconstruido debe incorporar tanto materiais ecolóxicos como conceptos bioclimáticos.

O enfoque medioambiental das casas ecolóxicas é froito da toma de conciencia dos limitados recursos naturais do noso territorio. Os partidarios da vivenda ecolóxica son cada vez máis numerosos, e as tendencias non son homoxéneas, pódense construir con materiais ecolóxicos, simplemente poñer instalacións bioclimáticas ou as dúas cousas.
Algunhas casas son ecolóxicas pola súa coidada integración no territorio e polas medidas pasivas que aproveitan as aportacións gratuitas de sol e de ventilación natural, outras son completamente autónomas en auga e enerxía gracias a unhas sofisticadas instalacións técnicas. O aspecto constructivo de todas as vivendas presentadas analízanse minuciosamente mediante os materiais e as técnicas utilizadas nelas.
Os materiais utilizados neste tipo de vivendas son a madeira, a pedra, a cerámica ou o formigón ecolóxico, ningún material que conteña productos nocivos, como o PVC ou o amianto. Nas casas hai un control da contaminación do ambiente por radiacións electromagnéticas artificiales, coma as liñas de alta tensión, as antenas telefónicas ou de radio e TV, capaces de alterar os procesos biolóxicos dos seres vivos. Tamén conteñen amplios ventanais orientados ao sur ou tellados simétricos complementados con captadores térmicos ou paneis fotovoltaicos adaptados ao tipo de clima da zona.
Para ter unha vida máis sá, estas vivendas adáptanse para que teñan “Feng Shui”, arte milenario que estudia solucións para a creación de espazos armónicos para o benestar físico, psíquico e emocional. Unha das casas máis ecolóxicas do mundo está nunha illa do norte de Gran Bretaña: unha casa de cero emisións que funciona aproveitando na súa totalidade a enerxía do vento e do sol.

A casa está perfectamente illada e a calefacción baixo o chan utiliza o calor captado do aire do exterior, que se almacena nunha batería de auga xigante. Un sistema de ventilación captura o calor no interior da casa e reutilízao, ademáis recolle a auga da chuvia para utilizala nos váteres e na lavadora. A enerxía para os diferentes electrodomésticos provén dunha turbina eólica, que carga as pilas de combustible capaces de almacenar enerxía para catro días.
As luces LED da casa funcionan coa mesma enerxía dunha bombilla de 1oo W. O seu invernadoiro ten unha turbina eólica e tamén luces LED para crear a luz do día e as estacións artificiais. Esta vivenda tamén contan cun coche que funciona cunha batería. Facer que mellore o medio ambiente está nas nosas mans, e mercando este tipo de vivendas axudamos moito ao desenrolo sostible do planeta, e aínda que o custo sexa maior no momento, co tempo veremos que gañamos cartos e saúde.
Etiquetas: ARQUITECTURA