23 maio 2007

ROUPA INTELIXENTE

Adrián Castroagudín Silva

A roupa xa non brinda so abrigo,confort ou a posibilidade de seren mais ou menos atractivo.
O chiste está en transformalas tamén en elementos útiles e funcionais.
A esto se lle chama roupa intelixente. Chamamos intelixentes ás novas prendas de roupa que,debido ás súas caracteristicas especiais,mellora a nosa calidade de vida.Grazas aos novos avances na tecnoloxía,a roupa intelixente xa é un feito.


En Nova York,a empresa Sensatex diseña e fabrica unha prenda que permite coñecer on-line o estado da persoa.Non se deiferencia dunha camiseta normal,pero ocultos nas súas fibras hai diversos sensores que monitorean funcións orgánicas e envían os datos obtidos a ordenadores inalámbricos.Pode ser usado para deportistas,medicos ou incluso mesmo para o exército.
O actual dirixente da empresa International Fabric Machines ,ten diseños de zapatillas que cambian de cor debido ás distancias recorridas ou covertores de cama que graduan a intensidade da luz.

A enxeñeira textil Patricia Marino cita:

"La ropa inteligente en algunos casos combina la ingeniería de tejidos con la microelectrónica, con la incorporación de sensores que cumplen distintas funciones (telefonía, control remoto, alarma de seguridad, diversión, etcétera) y tienen la posibilidad de que la ropa se pueda lavar, ya sea a mano o a máquina.Los nuevos desarrollos pueden incorporarse desde la fibra; en ese caso se realizan producciones a muy gran escala y hace falta un mercado muy global para absorberlo. También es posible innovar en el tejido a partir de las terminaciones en la fase final del proceso textil, un emprendimiento más accesible para nuestra economía."

Mediante estas prendas,poderiase intercambiar información con outra persoa mediante un simple apretón de mans,escoitar música apretando un boton do teu xerseiou levar escrito mensaxes luminosos na parte de atrás da túa chaqueta. Ata se comeza a falar de roupa que non necesita que a limpen ou mesmo en Inglaterra se está a desenvolver roupa que se adapta ao clima.


A famosa marca de prendas deportivas Nike xa ten as súas patentes neste campo de tecnoloxía como,por exemplo,como zapatillas deportivas con música incorporada,traxes de baño especiais e roupa antisuor, entre outros.

No ámbito médico,podese destacar a invención de prendas que administren automáticamente os medicamentos do emfermo,un diabético,poderiase tomar a súa insulina sempre,ainda que sexa un pouco despistado.


E, para rematar, o favorito das féminas: o probador do futuro.

Etiquetas: ,

O NADAL E O MEDIO AMBIENTE

Jennifer Romero Sanmiguel

Un ano máis, o tempo pasa e achégase o Nadal e as súas consabidas consecuencias séntense preto, o impacto medioambiental é irremediable. Nestas datas, xéranse uns gastos enerxéticos superiores ós do resto do ano, rexístrase un maior consumo de productos e aumenta a cantidade producida de residuos. Se en calquera época do ano un consumidor medio xera ó día 1 Kg de lixo doméstico, durante o Nadal achegámonos ós 2 Kg. É ben sabido que durante esta etapa do ano o comportamento da maioría dos cidadáns vólvese contrario ós principios básicos para o desenrolo sostible. Catro son os frentes nos que tomamos menor conciencia co medio.

En primeiro lugar, a xa citada producción masiva de lixo, ante a que se propón a estricta clasificación dos obxectos desbotables por materiais, para logo depositalos nos contedores oportunos. Tamén facer “limpeza” de roupa, mobles e demáis trastes que faga tempo que non se utilicen. De feito, existen organizacións que se encargan de recoller e enviar estes obxectos (aqueles que están en mellores condicións) a países do Terceiro Mundo, co cal, tamén contribuímos á creación de postos de traballo.

O seguinte punto importante, e se cadra, un dos máis debatidos, é o das árbores. Esta costume ven importada das tradicións centroeuropeas e escandinavas e como principal símbolo, cada ano está presente en millóns de fogares. En España mércanse anualmente preto de 1.700.000 árbores de Nadal, e a maioría non sobrevive ó mes que de media pasan dando acollida ós agasallos oportunos. A costume está arraigada na sociedade de tal maneira que todos teñen o desexo de adornar unha árbore cada Nadal, este feito fixo que dende fai uns anos se cultiven e se poñan á venda grandes cantidades de árbores naturais destinadas específicamente para estas datas. Pero o problema dase cando se achega Xaneiro, e as rúas se enchen de pequenas árbores moribundas que agonizan á veira de milleiros de contedores o ter rematada a súa función decorativa.

As diferentes asociacións ecoloxistas toman posturas semellantes ante este feito, todas aconsellan non mercalos, ainda que proceden de plantacións específicas, porque os procesos de replantación propostos non resultan efectivos; pero por outra banda, as árbores feitas con materiais sintéticos ofrecen un maior índice de contaminación xa que están elaborados con metais e plásticos, que conlevan un uso de recursos limitados e non renovables, e son tratados con productos químicos moi nocivos. A proposta que estes grupos ofrecen ó non poder evitar que se merquen árbores, é facer unha boa escolla no momento da compra: Debe tratarse dun exemplar moi verde, e que sempre estea acompañado dun “cepellón” en bo estado, para asegurarnos de que o abeto non sufriu anos e que non ten ningún tipo de parásito; tamén ser require unha maceta grande, unha zona de temperaturas baixas e que se regue periódicamente.

Na mesma liña que as árbores, atópanse outras prantas típicamente navideñas, o acebo e o musgo, ambas especies protexidas o que non impide que se comercialice libremente, e que o seu consumo sexa inadecuado.

Outro dos frentes é o relacionado cos agasallos e o consumismo que se xera nestas datas. As numerosas reunións familiares e os cuantiosos agasallos que se realizan deixan tras de sí unha cantidade inxente de papel, cartón, vídreo e plásticos.

Organizando os residuos conforme a habitual separación de materiais aforraríanse grandes cantidades das mesmas. Sen embargo, se falamos dos agasallos navideños, o problema meirande é o de regalar animais. Os animais, como ven sabemos, non son xoguetes e o feito de adoptar unha mascota implica un compromiso para moitos amos, polo que convertelos en agasallos de Nadal sen o consentimento da persoa que o vai recibir pode facer que a mascota se converta nun estorbo. As mascotas exóticas precisan aínda dunha maior atención, xa que apartalos do seu hábitat natural pode afectalos moito.

Como derradeiro factor a ter en conta para evitar un dano excesivo ó medio ambiente durante o nadal hai que falar do gasto enerxético que se produce nas cidades. Ainda que segue sen redactarse unha normativa seria e xeneralizada que regule a iluminación navideña, existen moitas alternativas para frear o consumo desmedido de enerxía; bombillas de baixo consumo, microbombillas, límite de horas de encendido... son algunhas das propostas máis apoiadas. Neste tema, pódese sinalar que un grupo de conservacionistas denunciaron a corporación de goberno de Madrid, que permitiu que se gastasen 3,5 millóns de euros nun alumbrado que emitía unhas 3000 toneladas de CO2 á atmosfera en tan só 2 meses.

Etiquetas: ,